Que recordas sobre confort e saúde?
Actividade completar
Actividade resposta múltiple
1. Cal é o intervalo de iluminancia recomendable para o confort lumínico?
1. Cal é o intervalo de iluminancia recomendable para o confort lumínico?
A bioconstrución non é só un conxunto de “materiais verdes”, senón unha estratexia integral que busca equilibrio entre medio ambiente, saúde e cultura local. Combina técnicas tradicionais (terra, pedra, madeira) con innovacións actuais (SATE natural, CLT, hempcrete) para crear edificios confortables, eficientes e respectuosos co planeta.
A grandes rasgos, as diferencias entre unha edificación típica e unha bioconstrución son estas:
| Fase / Aspecto | Bioconstrución | Construción habitual |
|---|---|---|
| Deseño e proxecto | - Análise climática (orientación, soleamento, ventilación). - Cálculo de ciclo de vida dos materiais. - Encontro inicial de arquitecto + instalador + artesáns. |
- Dimensionado segundo normativa mínima (CTE). - Peso maior a instalacións mecánicas que a solución pasiva. - Equipo fragmentado: cada oficio entra máis tarde. |
| Cimentación | - Busca reducir formigón (zapatas corridas rasas, zapatas ciclópeas, parafusos de terra, pozos secos). - Aposta por drenaxe natural arredor da vivenda. |
- Lousa ou zapatas tradicionais de formigón armado. - Impermeabilización con láminas sintéticas; drenaxes convencionais. |
| Estrutura portante | - Madeira maciza ou CLT; postes-viga; muros de tapial ou balas de palla portantes. - Sistemas en seco, prefabricables, baixo peso. - Captura de carbono e baixa enerxía embebida. |
- Formigón armado, aceiro ou fábrica de ladrillo. - Gran consumo enerxético na fabricación (cemento, aceiro). - Maior tempo de curado e humidade de obra. |
| Envolvente | - Illamento natural exterior (cortiza, fibra madeira, cáñamo). - Recebados transpirables de cal ou barro. - Fiestras madeira/aluminio de baixa emisividade. |
- Cámara de aire interior con illante sintético (la mineral, EPS, XPS). - Ladrillo cara vista ou SATE acrílico. - PVC habitual en carpintarías. |
| Instalacións | - Máquinas pequenas (aerotermia, biomasa, ventilación con recuperador). - Predominan solucións pasivas: estufas de inercia, paneis solares térmicos/fotovoltaicos. - Cableado libre de halóxenos. |
- Climatización baseada en caldeira gas/gasoil ou climatizadores eléctricos de gran potencia. - Illamento de condutos con espuma sintética. - PVC-fío de cobre estándar. |
| Acabados interiores | - Pinturas minerais ou de silicato sen COV. - Pavimentos de madeira maciza, linóleo natural ou terra compactada. - Preferencia por separacións lixeiras FSC. |
- Pinturas plásticas, lacas con base disolvente. - Chan flotante laminado HDF ou baldosa porcelánica. - Tabiques de pladur con la de vidro convencional. |
| Xestión de residuos | - Separación de entullos, compostaxe de restos orgánicos (palla, madeira). - Deseño para desmontaxe futura. - Priorízase reutilización en obra (terra excedente, ripio). |
- Contedor único de mestura, maior destino vertedoiro. - Materiais compostos difíciles de reciclar. - Demolición convencional sen segregación. |
| Tempo e custo | - Man de obra algo máis lenta no arranque (artesáns), pero menor custo enerxético no uso. - Custos competitivos a medio-longo prazo polo aforro de enerxía. |
- Execución rápida con materiais industriais e subministración continua. - Custos iniciais axustados, pero maior gasto enerxético ó longo da vida útil. |
| Saúde e confort | - Regulación natural da humidade, aire interior sen COV. - Moita inercia térmica ou alto illamento, evitando condensacións. |
- Posible presenza de formaldehidos, PVC, radón sen control. - Confort dependente de climatización mecánica. |
A última fase dunha obra é o remate das fachadas. En galego e castelán empréganse diferentes termos técnicos e a miúdo levan a confusión:
| Termo | Lingua / ámbito | Significado exacto |
|---|---|---|
| revestimento | galego / técnico | Capa final que cobre o soporte (morteiro, pedra vista, SATE, etc.). |
| acabado | galego / xeral | Resultado visual superficial (textura, cor, aspecto final). |
| recebado | galego (adaptación de “revoco”) | Capa continua de morteiro de cal ou cemento aplicada a pa para regularizar o paramento. |
| revoco | castelán | Sinónimo de recebado; usado cando o proxecto está en castelán. |
| enfoscado | castelán (CTE) | Capa de morteiro máis groso, previa ao revoco ou para protexer fábrica non vista. |
| enlucido / lucido | castelán | Capa fina de xeso ou cal sobre o enfoscado, xeralmente no interior. |
No IES A Cachada existe un módulo de bioconstrución no seu día que chamamos "A Casiña dos maios". Trátase dun pequeno edificio de 3x2m2 construído polo alumnado e o o profesional Guido Tomasini.
O material que máis se empregou é o adobe, mestura de auga e barro-palla concretamente da Pontenova. O adobe fíxose no instituto empregando unha amasadora e unha batidora de albanelería. O adobe aplicouse con tres técnicas:
A Casiña dos maios é un módulo didáctico, non aspira a ser habitable. Ten dúas "xanelas" de metacrilato para que s e observe a técnica de construción e todos os elementos que definen a bioconstrución:
No seu momento, Allicia Guijas, ó frente do grupo de rapazas e rapaces do Club de Ciencia, contounos con este vídeo como foi o proceso.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Compartir igual 4.0