Avaliámonos
A través das actividades que fuches realizando, individual ou en equipos, da lectura de documentos, a manipulación de páxinas web e a creación de novos materiais, traballaches todas as competencias do currículo.
Lectura facilitada
Que estamos aprendendo e como o imos avaliar?
Durante esta unidade fixeches diferentes actividades: ler documentos, traballar con páxinas web, crear materiais novos, e colaborar en equipo.
Con iso, estiveches a desenvolver moitas das competencias do currículo. Imos comprobar agora se acadaches os seguintes obxectivos:
- CA1.1: Propoñer ideas sostibles, analizando o que hai arredor e as necesidades.
- CA1.2: Traballar ben en equipo, organizando e planificando os proxectos.
- CA1.4: Saber como afectan os materiais e técnicas que usamos ao medio ambiente ao longo do tempo.
- CA1.6: Entender por que a arquitectura bioclimática e a bioconstrución son boas para o medio e a saúde.
- CA2.1: Construír e debuxar solucións técnicas, tanto a man como co ordenador.
- CA2.2: Deseñar solucións que sexan sostibles e accesibles para todas as persoas.
- CA5.1: Crear contidos dixitais que expliquen ben os teus procesos e resultados.
- CA5.2: Saber explicar de forma clara e ordenada o que fixeches e como.
Como imos avaliar?
Estas son as partes que contarán na túa nota final:
- Traballo diario na aula: 30%
- Tarefa "Fotogrametría 3D": 35%
- Tarefa "Biomateriais na aula": 35%
CA - Criterios de avaliación
- CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA1.5, CA1.6, CA2.1 e CA2.2 - Deseñar, planificar e xerar un modelo de bioconstrución con adobe ou biocerámica, baseándos nalgunha bioconstrución real, e tendo en conta criterios estéticos e de sostibilidade relacionados coa nosa contorna próxima. Traballar en equipo de forma cooperativa e ter unha actitude creativa.
- CA1.4 – Coñecer e valorar o ciclo de vida e o impacto das solucións construtivas e materiais empregados na bioconstrución.
- CA1.6 – Analizar o valor da arquitectura bioclimática e da bioconstrución no coidado do medio e da saúde.
- CA5.1 – Crear unha fotogrametría para documentar o proceso de fabricación do biomodelo.
- CA3.2, CA1.2: Usar vocabulario técnico e valorar desde unha perspectiva interdisciplinaria o aprendido.
- CA1.5 – Defender pulbicamente o traballo individual de forma clara, precisa e cooperativa, tanto oralmente como por escrito
Instrumentos de cualificación
- Autoavaliación a partir da rúbrica inicial da secuencia.
- Adiquisición de novos conceptos, a partir do cuestionario final "O mellor de cada casa".
- Traballo diario na aula.
- Tarefa "Fotogrametría 3D.
- Tarefa "Biomateriais na aula".