Deseña un modelo simple de edificación no que se exemplifiquen os factores chave da arquitectura bioclimática. A continuación, reproduciralo con adobe ou biocerámica (tarefa seguinte).
Anímaste cun domo?
Materiais
Ana Moreiras e Denis O´Toole. Domo con barras de papel(CC BY-SA)
Paso 1: lonxitude das barras
Ana Moreiras e Denis O'Toole. Domo con barras de papel(CC BY-SA)
Paso 2: marca e corta as barras
Ana Moreiras e Denis O'Toole. Domo con barras de papel(CC BY-SA)
Paso 3: aplasta e fura
Ana Moreiras e Denis O'Toole. Domo con barras de papel(CC BY-SA)
Paso 4: ensambla a Zona 3 (superior)
Ana Moreiras e Denis O'Toole. Domo con barras de papel(CC BY-SA)Ana Moreiras e Denis O'Toole. Domo con barras de papel(CC BY-SA)
Paso 5: ensambla a Zona 2 (intermedia)
Ana Moreiras e Denis O'Toole. Domo con barras de papel(CC BY-SA)Ana Moreiras e Denis O'Toole. Domo con barras de papel(CC BY-SA)
Paso 6: ensambla a Zona 1 (base)
Ana Moreiras de Denis O'Toole. Domo con barras de papel(CC BY-SA)
Algúns exemplos
Neste enlace podes ver como lles quedaron os domos ós rapaces e rapazas do IES A Cachada no curso 2020/21. Os planos foron feitos con LibreCAD.
Ana Moreiras. Exemplos de domos nun taller de Tecnoloxía(CC BY-SA)
Tarefa Biomateriais 1: ladrillos de adobe
Duración:
100'
Agrupamento:
Parellas
A arxila (barro cru, sen cocer) é un material terroso que se utiliza para construír vivenda desde hai 10.000 anos en todos os continentes. Aínda actualmente, estímase que entre un terzo e a metade da poboación mundial vive en casas feitas de terra.
En Galicia a arxila úsase mesturada con area e palla no que se coñece como adobe. Dise del que é un supermaterial porque:
Arxila, palla e area son materiais con ciclos de vida óptimos: hainos practicamente en toda a nosa comunidade, e están á vista, polo que os custos de transporte e extracción son mínimos; non se emiten partículas tóxicas nin na súa extracción nin no procesado. Son materiais biodegradables, polo que a súa volta á natureza é un proceso que non contamina nada en absoluto.
Ten unha inercia térmica elevada, o que lle confere excelentes propiedades en canto a illamento: as vivendas de adobe son frescas no verán e cálidas en inverno.
É un material biocompatible e mesmo curativo: absorbe a humidade, contribuíndo a manter as vivendas libres de fungos e ácaros.
Así pois, imos poñernos mans á obra e fabricar os nosos propios ladrillos!
Onde atopar e como recoñecer a arxila?
A maioría dos solos están compostos por cantidades variables de rochas, grava, area, limo, auga, materia orgánica e arxila. Para a construción, buscamos un solo ou mestura que teña entre un 10-35% de arxila.
Tipicamente presenta cores fortes e vivas. Repara nas beiras das estradas e cunetas.
Moitas veces, atópase no subsolo. Nas zonas onde se está a construír e se move moita terra, atópase facilmente.
É moi común en zonas pantanosas e leitos dos ríos. A miúdo é responsable da mala drenaxe que se dá nos pantanos naturais.
Se hai unha zona moi esvaradía nunha pista cando se molla, ou onde se forma primeiro a poza e seca último cando chove, aí está. Cando seca, adoita presentar gretas e fisuras no chan.
E como sei que é arxila?
Colle unha pouca entre o polgar e o dedo índice e aperta. Se cando intentas separar os dedos péganse, aínda que sexa un pouco, o teu chan ten arxila.
Agora, fai unha pelota do tamaño dunha pelota de golf e aplana contra a palma da túa man. Se permanece pegado á man cando a xiras a palma cara abaixo, hai arxila suficiente na túa mostra.
Se lavas as mans e parecen esbrancuxadas cando secan, é arxila.
VERÍN
Ana Moreiras. Entrada cova romana en Verín(CC BY-SA)
Ana Moreiras. Detalle cova romana en Verín(CC BY-SA)
SOUTELIÑO, NA LIMIA
Ana Moreiras. Arxila á beira da estrada de Laza(CC BY-SA)
Ana Moreiras. Casas de Laza, encintado con barro(CC BY-SA)
Para facer adobe precisamos unha mestura que conteña entre un 10 e un 35 % de arxila. A proba do barco pode darnos unha idea aproximada de canta arxila, area, limo, etc. hai na nosa mostra.
Busca un bote de vidro cunha boa tapa.
Toma a túa mostra de terra e elimina as ramas, follas e pedras grandes. Se está en grumos, tritúraos en pó.
Enche un terzo do bote con terra e completa ata a parte superior con auga limpa. Podes engadir unha culleriña de sal, axuda a separar a arxila da auga.
Sacude o frasco ata que a terra estea completamente disolta na auga (pode levarlle tempo!) Cando estea ben mesturado, axita o frasco por última vez e colócao nunha superficie plana onde poida permanecer durante varios días.
Mira o bote con atención: nos primeiros tres segundos, a grava e a area grosa caerán ó fondo. Marca o nivel de deposición no recipiente.
A continuación, a area fina e o limo comezarán a caer. Depositaranse nuns dez minutos. Abaixo quedará o sedimento pétreo, graduado por tamaño, e o limo no fondo da embarcación. Enriba haberá un líquido turbio e materia orgánica flotando enriba.
Se despois de dez minutos o líquido parece claro, non hai arxila na túa mostra.
Se a auga do frasco é opaca ou turbia, déixaa ata que se limpe. Pode levar dende unhas horas ata varios días, dependendo do tipo e da cantidade de arxila presente.
Ana Moreiras. Estratos nunha mostra de arxila(CC BY-SA)Ana Moreiras. Proba do bote para detección de arxila(CC BY-SA)
As proporcións da mestura
O adobe está feito de arxila, area e palla:
A arxila funciona como pegamento.
A area proporciona dureza, pois é extremadamente dura e inerte. Ademais, a area non cambia de tamaño coas diferenzas de humidade ou temperatura, actuando así como estabilizadora. O mellor é utilizar area irregular, con bordos afiados: obtense en canteiras. A area que se atopa na praia ou nos ríos está redondeada polo vento e a auga.
A palla engade resistencia á tracción, ó tempo que aporta flexibilidade. Unha vez seco, o adobe mantén unha humidade relativamente baixa (regulada pola arxila), polo que é un hábitat desfavorable para os microorganismos: a palla "momifica" dentro da arxila e non podrece.
As cantidades son variables e dependen da calidade dos materiais. Unha proporción que soe funcionar en Galicia, onde a arxila é húmida e pegañenta, é de 1:3 arxila e area. Logo engádese palla, un 10-15% en volume con respecto á mestura anterior.
Convén que a arxila esta triturada e rebrandecida antes de comezar.
Comeza cunha mostra pequena de arxila e amécelle palla primeiro e area despois.
Se na mostra do bote xa che saiu unha mestura de 1/3 de arxila, 1/3 area e 1/3 auga, podes intentar empregar esa combinación, unha vez eliminada a auga.
A palla debe cortarse e pode humedecerse antes de mesturar. En ladrillos de adobe da vida real, a palla córtase en fibras de 5-10cm. Nós empregaremos tesouras ou un muíño de café para lograr un tamaño menor.
Como sabemos que a mestura está ben?
Se nos pasamos coa arxila, o adobe será demasiado moldeable e podería deformarse ó secar. Na vida real, ademais, sería máis sensible ás choivas.
Se nos pasamos coa area, o adobe quedará quebradizo e perderá resistencia.
Se nos pasamos coa palla, o adobe pode desmoroarse. Ademais, propiciaríanse oquedades no adobe, o que debilitaría a estrutura.
Ana Moreiras. Mostras con diferentes proporcións e tipos de arxila(CC BY-SA)
Mans á obra!
Faite con recipentes, varillas, tesouras/muíño... e a mesturar ata que a masa estea do teu gusto! Unha vez convencid@, volca a mestura nos teus moldes, que poden ser, por exemplo, cubiteiras.
Deixa que fraugue a mestura (vai levarlle un par de días) e desmolda!
Tarefa Biomateriais 2: Biocerámica
Para facer a túa propia biocerámica só precisas casca de ovo machacada e cola de carpinteiro. Mestúraas ata obter unha pasta homoxénea que logo podes empregar para crear o teu propio domo. Podes empregar un recipente conco, forralo con plástico e logo extender o material por dentro (como neste Videotitorial conco biocerámica) ou reforzar unha estrutura previa, como un domo feito con canutos de papel dos que hai no taller.