Avaliámonos
A través das actividades que fuches realizando, individual ou en equipos, da lectura de documentos, a manipulación de páxinas web e a creación de novos materiais, traballaches todas as competencias do currículo.
Criterios de avaliación
- CA1.1 e cA1.4 – Analizar produtos, servizos e espazos urbanos considerando o seu ciclo de vida, impacto ambiental e adecuación ás necesidades sociais. Formular propostas de mellora sostible para o contorno próximo a partir da observación e análise da realidade urbana.
- CA1.2 – Participar activamente na elaboración de murais e mapas colaborativos, planificando e executando tarefas de forma organizada e creativa.
- CA1.5 – Defender pulbicamente o traballo individual de forma clara, precisa e cooperativa, tanto oralmente como por escrito.
- CA1.6 – Valorar o papel da arquitectura sostible e do urbanismo responsable como ferramentas para mellorar a vida nas cidades. Citar exemplos.
- CA2.2 – Aplicar criterios de sustentabilidade e accesibilidade no deseño de solucións tecnolóxicas, analizando o impacto de materiais e sistemas. Telo en conta no referente a desbotamento e xeración de residuos.
- CA3.2, CA1.2 - Usar vocabulario técnico e valorar desde unha perspectiva interdisciplinaria o aprendido.
Criterios de cualificación
- Autoavaliación do traballo na aula a través da rúbrica inicial.
- Adquisición de novo coñecemento: para isto, cubrirás o cuestionario "A cidade é nosa" sobre conceptos da unidade. Antes, revisa a lista de cotexo "Que aprendín?" que che deixamos a continuación.
- Valoración da profe das vosas tarefas de "Ecoauditoría".
- A túa aportación ós mapas colaborativos.
