Recopilando...
Lanza o dado e contesta ás preguntas ata completar todos os queixiños. Están agrupadas en 4 categorías: tres vimos de estudalas e para a cuarta propoñémosche ver este vídeo de SOGAMA.
Lanza o dado e contesta ás preguntas ata completar todos os queixiños. Están agrupadas en 4 categorías: tres vimos de estudalas e para a cuarta propoñémosche ver este vídeo de SOGAMA.
Cómpre reducir a pegada de carbono das urbes. Para isto son factores chave a xeración distribuída de enerxía (autoconsumo e aumento de renovables) e a mobilidade sostible. As cidades intelixentes reducen o consumo e melloran a distribución de recursos a través de ferramentas como edificios intelixentes, redes eléctricas intelixentes e programas mellorados de reciclaxe e xestión de residuos.
Canto maior sexa a concentración de PM no aire, peor é a calidade do aire e maior o risco para a saúde respiratoria e cardiovascular.
As zonas verdes son espazos naturais ou axardinados situados dentro das cidades. Poden ser parques, xardíns, alamedas ou mesmo pequenos espazos con árbores e bancos. Estes lugares melloran a calidade do aire, reducen o ruído e axudan a regular a temperatura. Ademais, favorecen o benestar das persoas, xa que ofrecen zonas de lecer, encontro e actividade física. Nunha cidade sostible, as zonas verdes son fundamentais para equilibrar o cemento co verde e garantir unha mellor calidade de vida para toda a veciñanza.
Algunhas vilas e cidades contan con espazos naturais moi próximos ou mesmo integrados no seu núcleo urbano. Son lugares onde a natureza e a vida cotiá conviven, ofrecendo descanso, lecer e contacto directo co medio.
Existen praias urbanas, como a de Riazor na Coruña ou a de Silgar en Sanxenxo, que permiten gozar do mar sen saír da cidade. Tamén hai ribeiras acondicionadas para pasear, andar en bicicleta ou facer deporte, como a contorna do Lérez en Pontevedra ou a do Miño en Lugo. Noutros casos, pequenos montes ou zonas de bosque, como o monte O Castro en Vigo ou o monte de Santa Trega en A Guarda, ofrecen miradoiros e sendeiros moi accesibles.
Estes espazos naturais achegan beneficios ambientais e sociais: melloran a calidade do aire, permiten preservar a biodiversidade e fan que as vilas sexan máis saudables e agradables para vivir. Manter e coidar estas zonas é clave para un urbanismo sostible e respectuoso co medio. Un exemplo de xestión é plan de saneamento da Ría de Arousa en Boiro, froito do cal se creou unha zona verde arredour dun novo tanque de tormentas.
Para coidar o planeta, é importante que as cidades reduzcan a súa pegada de carbono, é dicir, a cantidade de contaminación que xeran.
Isto conséguese con:
Nas cidades intelixentes contrólase a calidade do aire con sensores.
Estes sensores miden a cantidade de partículas pequenas (PM) que hai no aire. Estas partículas poden entrar no corpo ao respirar e causar problemas de saúde.
Canto máis PM hai no aire, peor é a súa calidade e máis perigoso para a saúde.
As cidades verdes teñen máis zonas con árbores, xardíns e parques.
Isto mellora o ambiente e dá espazos para descansar e facer deporte.
Ademais, hai que coidar espazos naturais como:
Un bo exemplo é o plan de saneamento da ría de Arousa. En Boiro creouse un tanque de tormentas para gardar a auga da choiva e transformouse nunha zona verde para a xente. Mira o vídeo do proxecto.
Un tema no que podemos investigar é na nosa pegada de carbono, para o que Greenpeace proporciona este cuestionario online que che propoñemos cubrir.
A pegada de carbono é a suma, expresada en toneladas equivalentes de CO2, de todas as emisións dun individuo ou organización. Defínense tres alcances para a pegada de carbono:
Que vos parece calcular a pegada de carbono do instituto nos Alcances 1 e 2?
E agora, que? cómpre facer unha proposta para reducir esa pegada. E xa o sabes, hai tres factores fundamentais:
Outros consumos:
No IES A Cachada de Boiro fixeron, no curso 2022/23, unha completa análise desta pegada de carbono e crearon un equipo de traballo que implicaba profesorado, alumnado e PAS. Este é o resumo do seu proxecto, chamado Brigada Verde. Deixámoscho tamén como anexo PDF por se queredes imprimilo.
Proxecto sostibilidade IES A Cachada 2022/23 (arquivo comprimido en PDF e link a Google docs)
Como viches no vídeo inicial, o problema máis importante en canto a contaminación das cidades vén derivado do lixo que producimos. Nunca na historia da humanidade se mercou e consumiu tanto como nos últimos anos. Cada galego xera 1.05 kg de lixo ó día: en total, máis dun millón de toneladas só en Galicia. Por iso é tan importante REDUCIR, RECICLAR E REUTILIZAR.
O Goberno galego aprobou recentemente o plan de xestión dos residuos industriais que se marca como un dos seus grandes obxectivos para 2030 a redución nun 15%, con respecto ao ano 2010, dos refugallos, o que tamén contribuirá á contención de emisións á atmosfera. O Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia baséase en potenciar a recollida selectiva, reducir o volume destinado a entulleira, a compostaxe e a valorización enerxética.
A información oficial sobre a información relacionada coa xestión de residuos en Galicia pode atoparse no portal SIRGa, de onde sacamos a información sobre os tres modelos de xestión que existen en Galicia:
O modelo Barbanza baséase no sistema húmido-seco de recuperación do compoñente orgánico do residuo, coa finalidade de conseguir as mellores taxas de reciclaxe e o máximo respecto ao medio ambiente e para iso dispón do Complexo Ambiental de tratamento de residuos da Mancomunidade de concellos dá Serra do Barbanza (abarca 9 concellos: Ames, Brión, Carnota, Lousame, Muros, Noia, Pontecesures, Porto do Son e Rois), 86.000 habitantes e 32.000 Tm/ano).
No modelo Barbanza hai as seguintes bolsas:
A empresa pública autonómica Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (SOGAMA), creada por Decreto do 11 de abril de 1992, é o instrumento principal para a xestión da fracción resto e dos envases lixeiros da maioría dos concellos de Galicia, xa que foi a opción de xestión promovida polo propio Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia do ano 1998.
Na xestión dos fluxos de residuos domésticos deste modelo o Complexo Medioambiental de Cerceda (A Coruña), xestionado por SOGAMA, xoga un papel fundamental.
No modelo Sogama hai as seguintes bolsas:
O modelo de xestión de residuos domésticos implantado polo concello da Coruña e o Consorcio das Mariñas, do que forman parte o concello da Coruña e 8 concellos da área metropolitana da Coruña (Abegondo, Arteixo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Bergondo e Oleiros), ten como destino dos residuos domésticos xerados a Planta de tratamento de residuos da Coruña situada no concello de Nostián (A Coruña), de aquí en adiante denominada Nostián. O Consorcio As Mariñas encárgase da xestión sostible dos residuos de 8 concellos (Abegondo, Begondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada).
No modelo Nostián hai as seguintes bolsas:
Nas cidades, un dos principais problemas é o lixo. Nunca antes se comprou e tirou tanto como agora.
Cada persoa en Galicia xera máis de 1 kg de lixo cada día. En total, máis dun millón de toneladas ao ano.
Por iso é tan importante reducir, reutilizar e reciclar. Mira este vídeo de SOGAMA.
O goberno galego quere reducir os residuos nun 15% para o ano 2030. Para logralo, aposta por:
Hai tres modelos de xestión de lixo en Galicia. Podes atopar máis información no portal SIRGa.
Este modelo funciona en 9 concellos, entre eles Noia, Muros e Porto do Son.
Trátase de separar o lixo en dúas bolsas:
O obxectivo é reciclar ao máximo e respectar o medio ambiente.
Este modelo é o máis usado en Galicia. Funciona desde o ano 1998 e está baseado no Complexo Ambiental de Cerceda.
Hai tres tipos de bolsas:
Este modelo funciona na Coruña e en 8 concellos arredor (Cambre, Betanzos, Culleredo, etc.).
Empregan dúas bolsas:
En todo o mundo xéranse 1,4 billóns de toneladas de Residuos Sólidos Urbanos (RSU) por ano, unha media de 1.2 kg xerados por persoa ó día. Cada galego xera 383kg de lixo ó ano. Por se estas cifras foran pouco, o tempo de eliminación deses residuos pode chegar a ser de 500 anos (latas de refresco e bolsas de plástico).
Existen preto de 198 países nos 5 continentes: o 20% dos países xeramos a metade dos residuos e consumimos o 80% dos recursos. A ONU non prevé un futuro mellor: para o ano 2050 agárdase un aumento do 350% dos residuos sólidos urbanos. A expectativa poboacional é de 9 billóns de habitantes, que van xerar 4 billóns de toneladas de residuos que, en xeral, van estar depositados en vertedeiros.
O Consello de Investigación en Tecnoloxía de Xeración de Enerxía dos Estados Unidos calcula que, por cada 10 toneladas de lixo en vertedeiros, 1 metro cadrado de chan queda permanentemente inutilizable. As consecuencias ambientais desto son a contaminación da auga, a polución do aire, a redución da calidade de vida e a destrución de ecosistemas. Ademais, a descomposición destes residuos produce dióxido de carbono (CO2), gas que acelera o efecto invernadoiro. Se os residuos se queiman, xérase metano (CH4) e micro partículas que contaminan o aire e afectan directamente á saúde dos seres vivos do planeta. Adicionalmente, a auga superficial dos mares, ríos e lagos tamén se contamina co descarte irregular dos residuos, así como as augas subterráneas por onde se filtran os lixiviados dos botaderos sen contención.
Alén deste terrible impacto ecolóxico, a xestión dos residuos ten un impacto económico que alcanza entre o 20 e o 30% dos orzamentos das cidades de todo o mundo, chegando a cifras maiores en África, Sueste de Asia e América Latina.
Nas cidades intelixentes, é esencial cambiar o modelo de xestión de residuos, e un bo exemplo constitúeo Alemaña. Se en Europa a media de reciclaxe de residuos é de apenas o 25%, en Alemana a cifra chega ó 63%. A través de políticas de limitación de refugallo doméstico e industrial, logrouse que só o 1% dos residuos vaian a vertedeiros. O resto, recíclase, reutilízase ou, en último caso, emprégase para obter enerxía tipo RSU. (Datos son de Eurostat, órgano de estatística da Unión Europea.)
Aplicar tecnoloxías Big Data á xestión do lixo supón calcular en tempo real canto e onde se está producindo máis refugallo. Se engadimos tecnoloxías específicas de reciclaxe, logramos facer eficiente a cadea produtiva de residuos. Ademais, nela emprégase a preto de 250 mil persoas. Estímase que o 13% da produción industrial alemá realízase a partir de materias primas recicladas.
En todo o mundo xérase moitísimo lixo. Cada persoa produce unha media de 1,2 kg ao día.
En Galicia, cada persoa xera uns 383 kg de lixo ao ano. E algúns residuos, como latas ou bolsas de plástico, poden tardar ata 500 anos en desaparecer.
No planeta hai uns 198 países. Pero o 20% dos países máis ricos:
A ONU avisa que no ano 2050 haberá uns 9.000 millóns de persoas no mundo.
Iso pode xerar 4.000 millóns de toneladas de lixo ao ano, que irán parar, na maior parte dos casos, a vertedoiros.
Segundo estudos dos Estados Unidos, por cada 10 toneladas de lixo enterradas nun vertedoiro, pérdese 1 metro cadrado de chan para sempre.
Ademais, o lixo produce grandes problemas:
Ao descompoñerse, o lixo produce gases contaminantes:
Xestionar o lixo tamén custa moito diñeiro: ata o 30% do orzamento das cidades.
Isto afecta máis a países de África, Asia e América Latina.
Alemaña é un exemplo de boa xestión do lixo:
Ademais:
As cidades intelixentes deben seguir este modelo, cambiando o xeito de tratar os residuos para coidar o medio ambiente e mellorar a vida das persoas.
Na aula virtual habilitarase un Board "Ecoauditoría infraestruturas" con tres bloques. Para cada un, subide o correspondente post coa explicación anterior.
Engadide cadansúa imaxe. Deben estar tomadas por vós e hai que etiquetalas como Creative Commons 4.0:
Ten en conta as tendencias actuais: auxe do teletraballo e o comercio electrónico, cambios de mobilidade nas cidades, integración das novas tecnoloxías, obriga de alcanzar os ODS.
Unha web de consulta de propostas interesantes é Smartcity.es
Le ben a rúbrica da ecoauditoría para non facer un informe floxo!
| Excelente | Satisfactorio | Mellorable | Insuficiente | Non entregado | |
|---|---|---|---|---|---|
| Consulta de fontes | As fontes (persoas, apuntes da aula, outras webs) usadas son numerosas e aportan información relevante. (2) | As fontes usadas son numerosas pero non todas aportan información relevante. (1.5) | As fontes consultadas son escasas e non demasiado relevantes. (1) | Non consultas máis fontes que o teu propio coñecemento do tema. (0.5) | Non entregado. (0) |
| Análise e reflexións | A análise que fas da información permíteche facer reflexións sólidas e argumentadas sobre os tres aspectos que analizaches, polo que aportas propostas concretos SMART. (2) | A análise que fas da información permíteche facer reflexións suficientemente argumentadas dos tres aspectos que escolliches, dando, en consecuencia, propostas concretos SMART. (1.5) | A análise que fas da información non é moi profunda, polo que os tres aspectos que escolliches non teñen unha argumentación moi sólida ou carecen de propostas SMART. (1) | Non chegas a facer unha análise boa, polo tanto non chegas a conclusións. (0.5) | Non entregado. (0) |
| Redacción | A redacción do informe é moi boa desde o punto de vista da expresión escrita e a ortografía. Ademais, empregas vocabulario técnico, e apréciase que usas moitas palabras novas aprendidas na unidade. (2) | A redacción do informe é boa desde o punto de vista da expresión escrita e hai poucas faltas de ortografía. Ademais, empregas vocabulario técnico, e apréciase que usas palabras novas aprendidas na unidade. (1.5) | A redacción do informe é mellorable, tendo erros na expresión escrita e a ortografía. Ademais, empregas pouco vocabulario técnico, e case ningún termo novo da unidade. (1) | A redacción é confusa, hai moitas faltas de ortografía e apenas ningún vocabulario técnico.es errónea y hay fallos graves de ortografía. (0.5) | Non entregado. (0) |
| Recursos complementarios | O informe complétase con recursos (links, e imaxes, estatísticas, etc.) que aportan información e matices. (2) | O informe complétase con imaxes ou links que aportan información e matices. (1.5) | O informe complétase con algún recurso (links, imaxes, estatísticas) que aportan un pouco máis de información. (1) | Non aportas apenas recursos complementarios. (0.5) | Non entregado. (0) |
| Publicación | Publicas o informe dixitalmente nunha entrada da cor adecuada no board correspondente. (2) | Publicas o informe dixitalmente nunha entrada no board correspondente. (1.5) | Envías o informe á profe. (1) | Fas o informe a man pero non o entregas. (0.5) | Non entregado. (0) |
Aquí vos deixamos dúas propostas de programación para reforzar os contidos sobre sostibilidade ambiental. Ambos son programas que poderedes desenvolver no bloque de Control de Programación, máis adiante no curso:
Son xogos feitos nas aulas de Tecnoloxía do IES A Cachada, coa profe Ana Moreiras.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Compartir igual 4.0