As asociacións da miña vila
En parellas, escollede unha asociación da vosa vila, buscade a súa web e analizádea:
- Cal é a natureza da asociación? (a que se adica)
- Cal é o público obxectivo da mesma? (a quen están dirixidas as súas actividades)
- O seu labor é integrador socialmente? (fai comunidade?)
- É unha asociación relevante no panorama galego?
- Onde está a súa sé? Quen son os membros da xunta directiva? Pode atoparse esa información na súa web?
- Como teríades que facer para asociarvos a ela? Que poderíades aportar?