Avaliámonos
A través das actividades que fuches realizando, individual ou en equipos, da lectura de documentos, a manipulación de páxinas web e a creación de novos materiais, traballaches todas as competencias do currículo.
CA - Criterios de avaliación
- CA1.4, CA1.6, CA1.7 - Analizar o entorno urbano e valorar melloras sostibles, apreciando a mellora que sobre nosa vida pode ter a arquitectura bioclimática.
- CA1.4, CA1.6, CA2.2 - Relacionar vivenda con clima, identificando e analizando rasgos construtivos e materiais relativos a este. Valorar criterios de sustentabilidade na escolla dos materiais.
- CA1.4, CA2.2, CA1.6 - Describir confort ideal nunha vivenda, relacionándoo coa saúde e benestar, e propoñer melloras. Valorar, en relación a isto, mellorar a distribución e ergonomía na organización de espazos nunha vivenda.
- CA3.2, CA1.2 - Usar vocabulario técnico e valorar desde unha perspectiva interdisciplinaria o aprendido.
- CA5.1 – Crear unha publicación nun muro colaborativo.
- CA1.5 – Defender pulbicamente o traballo individual de forma clara, precisa e cooperativa, tanto oralmente como por escrito.
Instrumentos de cualificación
- Autoavaliación do traballo na aula a partir rúbrica inicial.
- Adquisición de novo coñecemento: cuestionario "O mundo que habitamos" sobre conceptos da unidade. Antes, revisade a lista de cotexo "Que aprendín?" que vos deixamos a continuación.
- Valoración da profe da vosa tarefa final "Board de vivenda galega", incluíndo defensa oral.
