Saltar navegación

4. Vivenda: saúde e confort

Mira a túa casa con ollos de profesional

Pregúntate:

  • Na túa habitación dá o sol pola mañá ou pola tarde? E no lugar onde xantas?
  • Tés un lugar cómodo para estudar? A túa luz de estudo é LED ou de incandescencia?
  • Pasas frío no inverno? Por que?
  • Pasas calor no verán? Por que?
  • Tés manchas de humidade nalgunha parede?

Canto sabes da túa casa?

Zonas de ocio con luces indirectas
Zonas de traballo con luces directas
Zona de comida colectiva
Zona TV / cine / música
Zona lectura
Iluminación adecuada
Conectividade wifi
Ergonomía no mobiliario
Orientados ó mencer
Bo illamento acústico
Bo descanso
Electrodomésticos eficientes
Climatización con termostato
Domótica para aforro
Enerxía solar
Limitadores de caudal
Separación e tratamento de augas
Tuberías óptimas (PEHD)

Confort e saúde no fogar

Confort e saúde nunha vivenda
Ana Moreiras. Confort e saúde nunha vivenda (CC BY-SA)

Para estarmos sanos fisica e psiquicamente, debemos vivir con confort. Para isto hai certas regras básicas que debe cumprir a nosa vivenda:

Luz

Iluminancia: cantidade de enerxía luminosa que incide sobre unha superficie. Para o confort lumínico, a iluminancia debe estar entre os 100-1000 luxes.

Consellos:

  1. Substituír luces alto consumo (incandescente e fluorescente) por baixo consumo (LED).
  2. Ter un sistema ou equipo de iluminación adecuado a cada tipo de tarefas (cantidade, luz directa-luz tenue).
  3. Evitar reflexións molestas (contrastes, deslumbramentos, sombras excesivas...)
  4. Manter en bo estado os equipos de iluminación.

Temperatura

A temperatura óptima para o noso confort térmico é de 20ºC. Nela, atopámonos en equilibrio fisioloxico, sen malestar. Para lograla:

  1. Cómpre ter sistemas de calefacción que manteñan a temperatura constante, e para isto o mellor é dotalos de control con termostato.
  2. A vivenda debe estar ben illada: hai moitos materiais para este obxectivo, algúns de tipo sintético (porexpán, poliestireno extruído) e outros natural (cortiza, lá de ovella, palla, fibra de madeira ou cartón...)
  3. Hai sistemas de calefacción máis sustentables cá outros: no rural, a calefacción por pelets pode ser un xeito de aproveitar os recursos do monte. Na cidade pode optarse por caldeiras de gas ou por calefacción. O sistema máis confortable é o de chan radiante.
  4. Os radiadores non deben cubrirse con roupa nin obxectos e hai que purgalos con certa regularidade.
  5. Evitar correntes de aire.

Humidade

Casa con humidades
Ana Moreiras. Casa con humidades (CC BY-SA)

O exceso de humidade é malo para a nosa saúde, pois facilita a aparición de fungos e mofos, e con eles, alerxias e ata cancros. Esto en Galicia é especialmente importante. Considérase que o confort higrotérmico se dá cunha humidade entre o 30-40% en inverno e do 50% no verán.

Para lograr esto, nas nosas construcións hai que ter en conta o seguinte:

  1. Estanqueidade da envolvente: evitar filtracións (entrada de auga), tanto de chuvia como do chan ou de deterioro de instalacións.
  2. Evitar correntes de aire indesexadas.
  3. Para ter unha boa humidade relativa cómpre ter un bo peche (xanelas e portas con doble ou triple capa de vidro), un bo illamento (cortiza, p. ex.) e poden empregarse materiais transpirables: barro, adobe, madeira, palla. 
    En defecto do anterior, debemos combinar calefacción + deshumidificación. Pensa que canto maior sexa a temperatura do aire na vivenda, máis humidade almacena. Un bo truco é ter 20ºC no interior, activar deshumidificador, e ventilar periodicamente.

Espazos

Na nosas vivendas podemos diferenciar entre zonas de día ou de noite, e distinguir tamén entre espazos comúns ou de maior privacidade, contando cada un deles coas súas características:

  1. Cada espazo debería ter unha dimensión proporcional ó seu uso habitual… Quen ten o cuarto máis grande da casa? debería ser así?
  2. Unha cociña debe ter un bo extractor e espazo para almacenaxe de produtos frescos e conservas. A boa alimentación é chave para a saúde!
  3. Os dormitorios deben estar lonxe de fontes de ruído e ter colchóns que propicien un bo descanso.
  4. A zona de lecer debe propiciar que a familia poida reunirse e charlar confortablemente… non só ver a tele!
  5. Os cuartos húmidos (cociña e baños) deberían situarse próximos entre sí para mellorar a eficiencia das instalacións. 
  6. Debe existir unha zona de estudo/traballo con boa iluminación e conectividade eléctrica e de internet. A ergonomía dos mobles é fundamental.
  7. Podemos dispoñer dun pequeno taller con ferramentas para arranxar os pequenos electrodomésticos, cambiar lámpadas/enchufes, facer bricolaxe… é imprescindible.
  8. Convén dispoñer dun lugar onde practicar deporte: mens sana in corpore sano.

A organización dos espazos do noso fogar vencéllase tamén co xénero e, senón opinas así, trata de responder ás seguintes preguntas:

  • Onde se sitúa a cociña da túa casa? 
  • Que relación ten coas outras partes da vivenda? Poderías comunicarte cos demais dende a mesma?
  • O lavado da roupa: pensa no percorrido dunha prenda dentro da túa vivenda dende que está sucia ata que volve limpa ó armario. Cres que o mesmo é o ideal, ou podería mellorarse?
  • E finalmente, pensando na túa familia… quen adoita pasar mais horas neste espazo?
    Outra tarefa asociada ó “traballo reprodutivo” é o lavado da roupa. 

Contaminación

Meirama
Ana Moreiras. Meirama (CC BY-SA)



Cada vez se valora máis para a nosa saúde afastarnos das fontes de contaminación. Algúns consellos referidos a isto:

  1. A contaminación acústica pode producir elevados estados de estrés e, en consecuencia, enfermidades de todo tipo. Cómpre ter xanelas de dobre vidro e muros exteriores con illamento acústico adecuado (porexpán, cortiza, lá de ovella...)
  2. A contaminación lumínica pode evitarse con elementos estruturais (telladiños, ubertas) ou decorativos (estores, contras).
  3. A contaminación por gas radon trátase illando do chan con elementos como o Cavity. No seu defecto, e isto é aplicable para todas as contaminacións por gas, é esencial ventilar ben e a diario. 

Lectura facilitada

Confort e saúde nunha vivenda
Ana Moreiras. Confort e saúde nunha vivenda (CC BY-SA)

Para estarmos sans e a gusto na casa, necesitamos certas condicións. Chamámoslle confort a todo o que nos axuda a estar ben: boa luz, temperatura, humidade, espazos cómodos e sen contaminación.

Luz

É importante ter boa luz natural e artificial. Se a casa está escura, pode afectar ó noso estado de ánimo e ó rendemento.

  • Usar luces LED, que consumen pouco.
  • Poñer luz directa onde se traballa (por exemplo, na mesa de estudo).
  • Evitar sombras ou brillos fortes.
  • Revisar e limpar ben as lámpadas e luminarias.

Temperatura

A temperatura ideal dentro da casa é de 20 ºC. Así estamos cómodos e non pasamos nin frío nin calor.

  • Usar termostato para manter a temperatura.
  • Illar ben a vivenda para que non se perda a calor.
  • Empregar sistemas de calefacción sostibles: radiadores, chan radiante, pelets...
  • Non tapar os radiadores e purgalos cando faga falla.

Humidade

Casa con humidades
Ana Moreiras. Casa con humidades (CC BY-SA)

A humidade excesiva pode crear mofos, e isto é malo para a nosa saúde. A humidade ideal é:

  • 30-40% no inverno
  • 50% no verán

Para controlar a humidade:

  • Evitar filtracións de auga ou fugas.
  • Ter peches de boa calidade e illamento nos muros.
  • Empregar deshumidificador e ventilar ben a casa.

Espazos

As habitacións deben adaptarse ó uso que lles damos. Por exemplo:

  • Os cuartos deben ser tranquilos, cómodos e con bos colchóns.
  • A cociña debe ter extractor e espazo para gardar alimentos.
  • O salón debe permitir falar e compartir tempo en familia.
  • Os baños e a cociña deberían estar preto para aproveitar mellor as instalacións.
  • É bo ter un espazo para estudar ou traballar con boa luz e internet.
  • Se é posible, tamén un pequeno taller ou zona para facer exercicio.

Contaminación

As vivendas deben estar afastadas da contaminación para coidar a saúde.

  • Para o ruído: usar illamento acústico e peches de dobre vidro.
  • Para a luz excesiva: usar cortinas, estores ou voladizos.
  • Para o radon ou outros gases: illar ben o chan e ventilar todos os días.

Estás segura/o de que o entendiches todo?

Responde se cada afirmación é verdadeira ou falsa. Cando remates, preme en Corrixir para comprobar as túas respostas.

1. A iluminancia óptima para o confort lumínico está entre 100 e 1000 luxes.


2. As lámpadas incandescentes son de baixo consumo.


3. Evitar sombras excesivas mellora o confort lumínico.


4. A temperatura ideal para o confort térmico é de 25 ºC.


5. Un termostato axuda a manter constante a temperatura da vivenda.


6. O porexpán é un illante de orixe natural.


7. O chan radiante é un sistema de calefacción pouco confortable.


8. Os radiadores deben estar cubertos para conservar calor.


9. A humidade óptima no inverno está entre o 30% e o 40%.


10. Os materiais transpirables, como o adobe, axudan a manter o confort higrotérmico.


11. É recomendable manter 20 ºC na vivenda e usar deshumidificador.


12. As zonas de lecer deben estar separadas e illadas da vivenda.


13. A cociña debe contar con bo extractor e espazo de almacenaxe.


14. Os dormitorios deben estar preto das fontes de ruído para facilitar o descanso.


15. É importante dispoñer dunha zona para arranxos e bricolaxe no fogar.


16. A ergonomía dos mobles non inflúe na saúde das persoas.


17. A distribución da vivenda non ten relación co xénero das persoas que a habitan.


18. A contaminación acústica pode evitarse con bo illamento acústico.


19. O gas radon é inofensivo e non require medidas especiais.


20. Ventilar ben a vivenda axuda a reducir todos os tipos de contaminación por gas.


Tarefa: Rebelión nas aulas

Duración:
40'
Agrupamento:
Parellas

Con todo o que aprendimos neste capítulo, e tras ver este pequeno documental da nosa serie favorita: Rebelión en las aulas, de Escala Humana (La 2), escribide, en parellas, unha proposta realista de melloras no voso instituto para aumentar o benestar e confort.

Hai que tocar os temas: 

  • Iluminación
  • Calefacción/refrixeración
  • Humidade
  • Organización de espazos

Feito con eXeLearning (Nova xanela)