Saltar navegación

3. Elementos dunha vivenda

A esturura da túa aula e instituto

Deixa o portátil. Mira ó redor: cales son os elementos estruturais que conforman a túa aula? Distingues columnas de piares? Onde están as vigas? De que está feito o chan? Como é o oco das xanelas? Tés forma de mover unha placa do falso teito e ver as viguetas sobre el?

E o instituto? Cantos pisos ten? Onde cres que están os piares? De que material é a cuberta?

Elementos estruturais

Cimentos

Son a parte inferior da vivenda, xeralmente de formigón ou pedra. Están situados baixo a superficie do solo e soportan o peso principal da construción.

Cimentos obra en Marrozos
Ana Moreiras. Cimentos obra en Marrozos (CC BY-SA)

Estrutura: columnas e vigas

Elementos lonxitudinais que dan rixidez á vivenda e contribúen a soportar o peso da construción. Son as columnas (verticais, cilíndricas), piares (verticais, prismas) e vigas e viguetas (horizontais). 

A estrutura ou armazón dos edificios adoita ser de formigón pretensado: un esquelete de forxa con formigón de cemento, area, grava e auga. En países con moita madeira e menos humidade que Galicia, abundan as edificacións en madeira. En Galicia sería viable se a madeira se cultivase e cortase con ese propósito: a tecnoloxía actual permite tratamentos antifúnxicos que fan viable o uso de madeira galega nas nosas construcións.

Debido á crise do 2008, provocada polo coñecido "pelotazo urbanístico" (falaremos máis adiante deste concepto), moitas obras de edificios tiveron que ser paradas antes de rematar. Seguramente tés visto moitos "esqueletes" destas obras: esa é a estrutura.

Estrutura de edificio abandonado en Lugo
Ana Moreiras. Estrutura de edificio abandonado en Lugo (CC BY-SA)

Chans e teitos

Sobre as viguetas colócanase bovediñas de cerámica, dando lugar ó teito dunha planta e chan da seguinte (placa ou lousa). Os teitos recóbrense con escaiola ou xeso.

Nas construcións antigas, o entramado de vigas era de madeira. Achégovos un exemplo da Torre Goiáns, en Boiro, onde se está a facer unha reconstrución artesanal do espazo.

Estrutura de madeira dos pisos de Torre Goiáns, Boiro
Ana Moreiras. Estrutura de madeira dos pisos de Torre Goiáns, Boiro (CC BY-SA)

Os pavimentos poden ser de cerámicos ou madeira, aínda que cada vez máis úsanse tarimas que imitan madeira pero que son, no fondo, prensados de cartón cun verniz plástico.

Muros externos

Dobre muro de ladrillo con cámara interior onde se mete o illamento: poliuretano, poliestireno expandido, corcho, fibra de vidro...

Peche: xanelas e portas

Soen ser de PVC ou aluminio, e raramente de madeira. Precisan linteis na parte superior para que o peso non as esmague.

Cuberta

Soporte estrutural de aceiro ou madeira sobre o que se superpón un material impermeable (plástico EPDM, fibra de vidro con poliéster...) que finalmente vai recuberto con tellas ou lousa, pétreos ambos impermeables.

As cubertas artesanais eran de madeira. De novo, no exemplo da Torre Goiáns:

Cuberta madeira Torre Goiáns
Ana Moreiras. Cuberta madeira Torre Goiáns (CC BY-SA)

Os recobrementos en lousa son propios do terzo leste de Galicia:

Tellados de lousa en Ancares
Ana Moreiras. Tellados de lousa en Ancares (CC BY-SA)

No resto de Galicia, o máis usual é atopar cubertas de tella (cerámica):

Tellados Compostela
Ana Moreiras. Tellados Compostela (CC BY-SA)

Muros interiores ou paredes

As paredes soen facerse de ladrillo ou bloque, e revístense con enfoscados de morteiro de cemento ou cal con area e auga. O enlucido soe facerse en xeso ou cal, e o pintado (coas consecuencias que isto ten para a nosa saúde), con pinturas plásticas non transpirables.

Lectura facilitada

Cimentos

Os cimentos son a base dunha casa. Están debaixo da terra e serven para suxeitar todo o peso do edificio. Normalmente son de formigón ou pedra.

Estrutura: columnas e vigas

A estrutura da casa é o seu “esqueleto”. Está formada por pezas que dan forza e estabilidade ó edificio:

  • Columnas ou pilares: son pezas verticais.
  • Vigas ou viguetas: son pezas horizontais.

Están feitas de formigón armado (cemento + area + grava + ferro). En moitos países tamén se usan estruturas de madeira. En Galicia podería usarse madeira se se tratase ben para evitar fungos.

Algunhas obras quedaron sen rematar pola crise do 2008. Por iso, é fácil ver esqueletos de edificios sen pechar.

Chans e teitos

Os chans e teitos forman cada planta da vivenda. Sobre as viguetas colócase unha estrutura de ladrillos cerámicos, e enriba bótase formigón: a isto chámaselle placa ou lousa.

Os teitos adoitan levar revestimento de escaiola ou xeso. Nas casas antigas usábase madeira.

O pavimento pode ser de madeira, cerámica ou tarima (que imita madeira pero é un material artificial).

Muros externos

Os muros exteriores protexen do frío e da calor. Teñen dúas capas de ladrillo e, no medio, un material illante (poliuretano, corcho, poliestireno...)

Peche: xanelas e portas

As xanelas e portas pechan a casa. Soen ser de PVC ou aluminio. Ás veces tamén hai de madeira. Teñen que levar pezas chamadas linteis na parte de arriba para evitar que o peso do muro caia sobre elas.

Cuberta

A cuberta é o tellado. Pode estar feita con madeira ou aceiro. Encima ponse un material impermeable (como plásticos especiais) e, por riba, tellas ou lousas que repelen a auga.

En Galicia hai tres tipos de recubrimento de tellado:

  • Lousa: no leste de Galicia (coma nos Ancares).
  • Tella cerámica: no resto do país.
  • Madeira: en cubertas antigas, como as dos pazos ou torres.

Muros interiores ou paredes

As paredes interiores adoitan ser de ladrillo ou bloque. Revístense con morteiro (mestura de cemento ou cal con area e auga), e despois pítanse con xeso e pintura.

Algunhas pinturas poden soltar substancias que non son boas para a saúde, sobre todo se non son transpirables.

A nosa estrutura ten ocos!

Le o parágrafo seguinte e escribe as palabras que faltan.

A cimentación é a parte da estrutura dunha vivenda que se atopa do solo. A súa función é transmitir cargas ó terreo. O , tamén chamado "lousa" transmite as cargas que soporta ás vigas: o peso dos mobles, persoas e o seu propio. Ademais, a lousa mantén unidas columnas e vigas. As son elementos horizontais que transmiten cargas ó muro. Sobre elas están as , nas que se pousan as bovediñas. As columnas son elementos que transmiten cargas ós elementos inferiores e cimentación. A é a parte superior da vivenda, e está protexida dos axentes atmosféricos por materiais illantes como ou tellas.

Activar JavaScript

A envolvente

A envolvente dun edificio refírese ó conxunto de elementos físicos e estruturais que delimitan e protexen o espazo interior do edificio proporcionando illamento, protección contra as condicións climáticas e contribuíndo á eficiencia enerxética do edificio. A envolvente tamén pode afectar ó confort dos ocupantes e á estética arquitectónica do edificio.

Coñécese tamén como envolvente térmica, pois a través dela pérdese a enerxía térmica dunha vivenda:

Perdas térmicas na envolvente
Ana Moreiras. Perdas térmicas na envolvente (CC BY-SA)

Os principais elementos que forman a envolvente dun edificio son:

  1. Fachada: parte visible e exterior do edificio, normalmente onde se localizan as entradas, ventás, paredes exteriores e outros elementos arquitectónicos. A súa función non só é a de protexer, senón tamén a de dar identidade ó edificio. As paredes exteriores delimitan o espazo interior do exterior e poden ser de diferentes materiais (ladrillo, formigón, vidro, madeira, etc.) e ter distintas funcións, como illamento térmico, acústico ou protección fronte ao vento ou á humidade.
  2. Tellado: parte superior do edificio e pode ser plano ou inclinado. Cumpre unha función de protección fronte ás inclemencias meteorolóxicas (como a chuvia, o frío ou o calor), ademais de xogar un papel importante na conservación da enerxía térmica do edificio.
  3. Xanelas e portas: permiten a circulación de aire e a entrada de luz natural ó interior, pero tamén forman parte da envolvente do edificio, poñendo límites entre o exterior e o interior. Dependendo do material e do deseño, as ventás poden influír na eficiencia enerxética e na ventilación.
  4. Chans: pode considerarse parte da envolvente, especialmente no caso dos edificios con varias plantas ou no caso de edificios elevados sobre o chan (por exemplo, edificios elevados con subterráneo ou no caso de pisos elevados sobre o solo).
  5. Faldóns e cubertas: extensión do teito, que tamén forma parte da envolvente exterior, protexendo o edificio da precipitacións, á vez que mellora o illamento térmico.

Lectura facilitada

Que é a envolvente dunha vivenda?

A envolvente é o conxunto de partes dunha casa que separan o interior do exterior. Protexe do frío, da calor, da choiva e do vento. Grazas á envolvente, a casa mantén a temperatura adecuada e aforra enerxía.

Por iso tamén se chama envolvente térmica: porque a través dela podemos perder ou manter a calor da vivenda.

Perdas térmicas na envolvente
Ana Moreiras. Perdas térmicas na envolvente (CC BY-SA)

Partes da envolvente

  1. Fachada: é a parte de fóra da vivenda, a máis visible. Ten ventás, portas e paredes. Pode estar feita de ladrillo, formigón, madeira ou vidro. Protexe da choiva, do vento e da calor, e tamén dá estilo á casa.
  2. Tellado: é o teito da casa. Pode ser plano ou con inclinación. Protexe da chuvia, da neve, do frío e do sol.
  3. Xanelas e portas: deixan pasar luz e aire, pero tamén poden deixar escapar a calor. Por iso deben estar ben pechadas e illadas.
  4. Chan: se a casa está elevada ou ten varias plantas, o chan tamén forma parte da envolvente, e debe illarse ben para non perder calor pola parte de abaixo.
  5. Faldóns e cubertas: son as partes inclinadas do tellado. Axudan a que a auga da choiva escorra ben e tamén melloran o illamento da casa.

Xoga coa envolvente

2

Atopa as palabras ocultas relativas á envolvente dun edificio_

%E9%B0%E6%EB%E2%F7%D5%F3%FF%F7%B0%A8%B0%C1%FD%E2%F3%B0%BE%B0%FB%FC%E1%E6%E0%E7%F1%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%B0%AE%E2%AC%D3%E6%FD%E2%F3%B2%F3%E1%B2%E2%F3%FE%F3%F0%E0%F3%E1%B2%FD%F1%E7%FE%E6%F3%E1%B2%E0%F7%FE%F3%E6%FB%E4%F3%E1%B2s%B2%F7%FC%E4%FD%FE%E4%F7%FC%E6%F7%B2%F6%E7%FC%B2%F7%F6%FB%F4%FB%F1%FB%FD%CD%AE%BD%E2%AC%B0%BE%B0%E1%FA%FD%E5%DF%FB%FC%FB%FF%FB%E8%F7%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%FB%E6%FB%FC%F7%E0%F3%E0%EB%B0%A8%E9%B0%E1%FA%FD%E5%D1%FE%E7%F7%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%F1%FE%E7%F7%D5%F3%FF%F7%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F5%F7%D1%FE%E7%F7%B0%A8%A6%A2%BE%B0%E1%FA%FD%E5%D1%FD%F6%F7%D3%F1%F1%F7%E1%E1%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%F1%FD%F6%F7%D3%F1%F1%F7%E1%E1%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FF%F7%E1%E1%F3%F5%F7%D1%FD%F6%F7%D3%F1%F1%F7%E1%E1%B0%A8%B0%B0%EF%BE%B0%E5%FD%E0%F6%E1%D5%F3%FF%F7%B0%A8%C9%E9%B0%E5%FD%E0%F6%B0%A8%B0%D1%E7%F0%F7%E0%E6%F3%B0%BE%B0%F6%F7%F4%FB%FC%FB%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%C2%F7%F1%FA%F7%B2%E1%E7%E2%F7%E0%FB%FD%E0%B2%F6%FD%B2%F7%F6%FB%F4%FB%F1%FB%FD%BE%B2%F7%FC%B2%F1%FD%FC%E6%F3%F1%E6%FD%B2%F1%FD%B2%F3%FB%E0%F7%B0%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F5%F7%C1%FA%FD%E5%B0%A8%FC%E7%FE%FE%EF%BE%E9%B0%E5%FD%E0%F6%B0%A8%B0%D4%F3%F1%FA%F3%F6%F3%B0%BE%B0%F6%F7%F4%FB%FC%FB%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%DF%E7%E0%FD%B2%F7%EA%E6%F7%E0%FB%FD%E0%B2%E3%E7%F7%B2%F1%FD%FC%E6%7B%FC%B2%F3%E1%B2%EA%F3%FC%F7%FE%F3%E1%B2%F7%B2%E2%FD%E0%E6%F3%E1%B0%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F5%F7%C1%FA%FD%E5%B0%A8%FC%E7%FE%FE%EF%BE%E9%B0%E5%FD%E0%F6%B0%A8%B0%D1%FA%F3%FC%B0%BE%B0%F6%F7%F4%FB%FC%FB%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%C2%F7%F1%FA%F7%B2%FB%FC%F4%F7%E0%FB%FD%E0%B2%FA%FD%E0%FB%E8%FD%FC%E6%F3%FE%B0%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F5%F7%C1%FA%FD%E5%B0%A8%FC%E7%FE%FE%EF%BE%E9%B0%E5%FD%E0%F6%B0%A8%B0%DF%F7%F6%FB%F3%FC%F7%FB%E0%F3%B0%BE%B0%F6%F7%F4%FB%FC%FB%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%DF%E7%E0%FD%B2%F6%F7%B2%F6%FB%E4%FB%E1%FBa%FC%B2%F7%FC%E6%E0%F7%B2%F7%F6%FB%F4%FB%F1%FB%FD%E1%B2%F1%FD%FC%E6%FB%F5%E7%FD%E1%B0%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F5%F7%C1%FA%FD%E5%B0%A8%FC%E7%FE%FE%EF%BE%E9%B0%E5%FD%E0%F6%B0%A8%B0%D4%F3%FE%F6a%FC%B0%BE%B0%F6%F7%F4%FB%FC%FB%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%C2%F7%E3%E7%F7%FC%F3%B2%F1%E7%F0%F7%E0%E6%F3%B2%E1%FD%F0%E0%F7%B2%E7%FC%B2%E2%FD%E0%F1%FA%F7%B2%FD%E7%B2%F3%FE%F7%FB%E0%FD%B0%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F5%F7%C1%FA%FD%E5%B0%A8%FC%E7%FE%FE%EF%BE%E9%B0%E5%FD%E0%F6%B0%A8%B0%C2%F7%F1%FA%F7%B0%BE%B0%F6%F7%F4%FB%FC%FB%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%D1%FD%FC%EA%E7%FC%E6%FD%B2%F6%F7%B2%EA%F3%FC%F7%FE%F3%E1%B2%F7%B2%E2%FD%E0%E6%F3%E1%B0%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F5%F7%C1%FA%FD%E5%B0%A8%FC%E7%FE%FE%EF%CF%BE%B0%FB%E1%C1%F1%FD%E0%FF%B0%A8%A2%BE%B0%E6%F7%EA%E6%D0%E7%E6%E6%FD%FC%C1%F1%FD%E0%FF%B0%A8%B0%D5%E7%F3%E0%F6%F3%E0%B2%FE%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%E0%F7%E2%F7%F3%E6%D3%F1%E6%FB%E4%FB%E6%EB%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%E6%F7%EA%E6%D4%F7%F7%F6%D0%F3%F1%F9%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E6%F7%EA%E6%D3%F4%E6%F7%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F4%F7%F7%F6%D0%F3%F1%F9%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F8%F7%D4%D0%B0%A8%A3%A2%A2%BE%B0%E4%F7%E0%E1%FB%FD%FC%B0%A8%A3%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F8%F7%C3%E7%F7%E1%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%A3%A2%A2%BE%B0%E6%FB%FF%F7%B0%A8%A2%BE%B0%F6%FB%F3%F5%FD%FC%F3%FE%E1%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%E0%F7%E4%F7%E0%E1%F7%E1%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%E1%FA%FD%E5%C0%F7%E1%FD%FE%E4%F7%B0%A8%E6%E0%E7%F7%BE%B0%F7%E4%F3%FE%E7%F3%E6%FB%FD%FC%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%F7%E4%F3%FE%E7%F3%E6%FB%FD%FC%DB%D6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FB%F6%B0%A8%B0%A0%A2%A0%A7%A7%A0%A3%A1%A0%A4%AB%BF%A3%A0%A2%B0%BE%B0%FF%E1%F5%E1%B0%A8%E9%B0%FF%E1%F5%C0%F7%E2%FE%EB%B0%A8%B0%C0%F7%E1%E2%FD%FC%F6%F7%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%FC%E6%F7%E0%D1%FD%F6%F7%B0%A8%B0%DB%FC%E6%E0%FD%F6%E7%E8%F3%B2%FD%B2%F1a%F6%FB%F5%FD%B2%F6%F7%B2%F3%F1%F1%F7%E1%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%E0%E0%FD%E0%D1%FD%F6%F7%B0%A8%B0%DD%B2%F1a%F6%FB%F5%FD%B2%F6%F7%B2%F3%F1%F1%F7%E1%FD%B2%FC%FD%FC%B2%7B%B2%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FE%E7%F7%B0%A8%B0%CA%F7%FC%FB%F3%FE%B3%B2%D3%B2%E2%FB%E1%E6%F3%B2%7B%A8%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FD%F6%F7%D3%F1%F1%F7%E1%E1%B0%A8%B0%D1a%F6%FB%F5%FD%B2%F6%F7%B2%F3%F1%F1%F7%E1%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C2%FE%F3%EB%C1%E6%F3%E0%E6%B0%A8%B0%C2%E0%F7%FF%F3%B2%F3%E3%E7%7F%B2%E2%F3%E0%F3%B2%EA%FD%F5%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DA%FB%E6%E1%B0%A8%B0%D3%F1%F7%E0%E6%FD%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%C2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DF%FB%FC%FB%FF%FB%E8%F7%B0%A8%B0%DF%FB%FC%FB%FF%FB%E8%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DF%F3%EA%FB%FF%FB%E8%F7%B0%A8%B0%DF%F3%EA%FB%FF%FB%E8%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C6%FB%FF%F7%B0%A8%B0%DE%7F%FF%FB%E6%F7%B2%F6%F7%B2%E6%F7%FF%E2%FD%B2%BA%FF%FF%A8%E1%E1%BB%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D4%E7%FE%FE%C1%F1%E0%F7%F7%FC%B0%A8%B0%C2%F3%FC%E6%F3%FE%FE%F3%B2%D1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%EA%FB%E6%D4%E7%FE%FE%C1%F1%E0%F7%F7%FC%B0%A8%B0%C1%F3%7F%E0%B2%F6%F7%B2%E2%F3%FC%E6%F3%FE%FE%F3%B2%F1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DC%E7%FF%C3%E7%F7%E1%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%B0%DCh%FF%F7%E0%FD%B2%F6%F7%B2%E2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DC%FD%DB%FF%F3%F5%F7%B0%A8%B0%C2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%B2%E1%F7%FC%B2%FB%FF%F3%EA%F7%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%E7%F1%F1%F7%E1%E1%F7%E1%B0%A8%B0%D1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%FD%B3%B2%EE%B2%D7%EA%F1%F7%FE%F7%FC%E6%F7%B3%B2%EE%B2%CA%F7%FC%FB%F3%FE%B3%B2%EE%B2%DF%FD%FB%B2%F0%F7%FC%B3%B2%EE%B2%C2%F7%E0%F4%F7%F1%E6%FD%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D4%F3%FB%FE%E7%E0%F7%E1%B0%A8%B0%DC%FD%FC%B2%F7%E0%F3%B2%FB%E1%FD%B3%B2%EE%B2%DB%FC%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%FD%B3%B2%EE%B2%DC%FD%FC%B2%7B%B2%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%FD%B3%B2%EE%B2%C1%F7%FC%E6%7F%FF%FD%FE%FD%B3%B2%EE%B2%D7%E0%E0%FD%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C6%E0%EB%D3%F5%F3%FB%FC%B0%A8%B0%DC%F7%F1%F7%E1%FB%E6%F3%E1%B2%E2%FD%FE%FD%B2%FF%F7%FC%FD%E1%B2%E7%FC%B2%B7%E1%B7%B2%F6%F7%B2%E0%F7%E1%E2%FD%E1%E6%F3%E1%B2%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%F3%E1%B2%E2%F3%E0%F3%B2%F1%FD%FC%E1%F7%F5%E7%FB%E0%B2%F3%B2%FB%FC%F4%FD%E0%FF%F3%F1%FBa%FC%BC%B2%C4%FD%FE%E4%F7%B2%E6%F7%FC%E6%F3%FE%FD%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F1%FD%E0%F7%C1%F1%FD%E0%FF%B0%A8%B0%D3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%FC%FD%FC%B2%E1%F7%B2%E2%FD%F6%F7%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%B2%E2%FD%E0%E3%E7%F7%B2%F7%E1%E6%F3%B2%E2s%EA%FB%FC%F3%B2%FC%FD%FC%B2%F4%FD%E0%FF%F3%B2%E2%F3%E0%E6%F7%B2%F6%E7%FC%B2%E2%F3%E3%E7%F7%E6%F7%B2%C1%D1%DD%C0%DF%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DD%FC%FE%EB%C1%F3%E4%F7%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%C1a%B2%E1%F7%B2%E2%FD%F6%F7%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%B2%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%E7%FC%FA%F3%B2%E4%F7%E8%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DD%FC%FE%EB%C1%F3%E4%F7%B0%A8%B0%C1a%B2%E1%F7%B2%E2%FD%F6%F7%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%B2%E7%FC%FA%F3%B2%E4%F7%E8%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DB%FC%F4%FD%E0%FF%F3%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%DB%FC%F4%FD%E0%FF%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DD%FC%FE%EB%C1%F3%E4%F7%D3%E7%E6%FD%B0%A8%B0%D3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%F3%E1%F7%B2%F6%F7%E1%E2%FD%FB%E1%B2%F6%F7%B2%F1%F3%F6%F3%B2%E2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%BC%B2%C1a%B2%E1%F7%B2%E2%FD%F6%F7%B2%EA%FD%F5%F3%E0%B2%E7%FC%FA%F3%B2%E4%F7%E8%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F3%E4%F7%D3%E7%E6%FD%B0%A8%B0%D3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%F3%E1%F7%B2%F3%E7%E6%FD%FF%F3%E6%FB%F1%F3%FF%F7%FC%E6%F7%B2%F6%F7%E1%E2%FD%FB%E1%B2%F6%F7%B2%F1%F3%F6%F3%B2%E2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F7%E4%F7%E0%F3%FE%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%C2a%F6%F7%E1%F7%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%B2%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%E6%F3%FC%E6%F3%E1%B2%E4%F7%F1%F7%E1%B2%F1%FD%FF%FD%B2%E1%F7%B2%E3%E7%F7%FB%E0%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%CB%FD%E7%DE%F3%E1%E6%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%D3%B2h%FE%E6%FB%FF%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%F5%F3%E0%F6%F3%F6%F3%B2%7B%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D3%F1%E6%FB%E6%EB%D1%FD%FF%E2%FE%EB%B0%A8%B0%CA%F3%B2%E0%F7%F3%FE%FB%E8%F3%F1%FA%F7%E1%B2%F7%E1%E6%F3%B2%F3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C2%FE%F3%EB%C1%F7%E4%F7%E0%F3%FE%C6%FB%FF%F7%E1%B0%A8%B0%C2a%F6%F7%E1%F7%B2%E0%F7%F3%FE%FB%E8%F3%E0%B2%F7%E1%E6%F3%B2%F3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%B2%E6%F3%FC%E6%F3%E1%B2%E4%F7%F1%F7%E1%B2%F1%FD%FF%FD%B2%E1%F7%B2%E3%E7%F7%FB%E0%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FE%FD%E1%F7%B0%A8%B0%C2%F7%F1%FA%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%E2%E7%FC%E6%FD%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%D3%E7%F6%FB%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C5%FD%E0%F6%E1%D4%FB%FC%F6%B0%A8%B0%D3%E6%FD%E2%F3%F1%FA%F7%E1%B2%E6a%F6%F3%FE%F3%E1%B2%E2%F3%FE%F3%F0%E0%F3%E1%BC%B2%D3%B2%E6h%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%7B%B2%B7%E1%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%FC%F6%D5%F3%FF%F7%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%D1%FD%FF%F7%E8%F3%B2%FD%B2%EA%FD%F5%FD%BC%BC%BC%B0%BE%B0%FF%F5%E1%D5%F3%FF%F7%C1%E6%F3%E0%E6%B0%A8%B0%DD%B2%EA%FD%F5%FD%B2%EA%F3%B2%F1%FD%FF%F7%E8%FD%E7%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%CB%FD%E7%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%C2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%FC%F6%C6%FB%FF%F7%B0%A8%B0%C0%F7%FF%F3%E6%FD%E7%B2%FD%B2%E6%F7%FF%E2%FD%B2%F6%FD%B2%EA%FD%F5%FD%BC%B2%D3%B2%E6h%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%7B%B2%F6%F7%B2%B7%E1%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%FC%F6%B0%A8%B0%D4%FB%FC%F3%FE%FB%E8%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%FC%F6%D5%F3%FF%F7%DF%B0%A8%B0%C0%F7%FF%F3%E6%F3%F1%FA%F7%E1%B2%FD%B2%EA%FD%F5%FD%BC%B2%D3%B2%E6h%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%7B%B2%B7%E1%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C7%FC%F1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F7%F6%D3%F1%E6%FB%E4%FB%E6%EB%B0%A8%B0%D3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%B2%FC%FD%FC%B2%F1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%F6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%E7%F1%F1%F7%E1%E1%F4%E7%FE%D3%F1%E6%FB%E4%FB%E6%EB%B0%A8%B0%D3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%B2%E1%E7%E2%F7%E0%F3%F6%F3%BC%B2%C2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%A8%B2%B7%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C7%FC%E1%E7%F1%F1%F7%E1%E1%F4%E7%FE%D3%F1%E6%FB%E4%FB%E6%EB%B0%A8%B0%D3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%B2%FC%FD%FC%B2%E1%E7%E2%F7%E0%F3%F6%F3%BC%B2%C2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%A8%B2%B7%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C6%EB%E2%F7%D5%F3%FF%F7%B0%A8%B0%C1%FD%E2%F3%B2%F6%F7%B2%FE%F7%E6%E0%F3%E1%B0%EF%EF
012345
Su navegador no es compatible con esta herramienta.

Taller: Cámara térmica (opcional)

Duración:
20'
Agrupamento:
En grupos de 4-5

Se conseguides unha cámara térmica coma esta, podedes experimentar na visión de infravermellos ó voso redor.

Unha cámara térmica funciona captando a radiación infravermella que emiten os corpos en función da súa temperatura. A diferenza das cámaras normais, que captan luz visible, as cámaras térmicas poden “ver” o que está quente ou frío, aínda que estea na escuridade total.

Todos os corpos emiten radiación infravermella (ou térmica) se están por riba do cero absoluto (-273 °C). Canto máis quente está algo, máis radiación emite. A cámara térmica non mide directamente a temperatura, senón a enerxía infravermella que recibe. A través dun sensor especial chamado microbolómetro, converte a radiación infravermella nun sinal eléctrico. Ese sinal interprétase como unha imaxe térmica ou “termograma”, onde:

  • As zonas máis quentes aparecen normalmente en "cores cálidas" (vermellos, marelos, brancos).
  • As zonas máis frías vense en "cores frías" (azuis, violetas, negros).

En construción e arquitectura, estas cámaras empréganse para detectar perdas de calor, humidades ou illamentos deficientes.

Foto térmica dunha vivenda
Ana Moreiras. Foto térmica dunha vivenda (CC BY-SA)

Observa a imaxe anterior: a zona verde da imaxe (porta) significa que hai máis perda de calor que no entorno.

Cunha cámara termográfica coma esta podedes sacar fotografías á envolvente do instituto. A interpretación das fotografías permitiravos ver as perdas de calor en diferentes zonas da envolvente (paredes, xanelas, forxado) e observar a diferenza entre illar ben ou mal un edificio. 

Por onde cres que perde calor a túa casa?

Para ampliar...

Non hai enlace directo, pero neste PDF podes consultar todo o vocabulario relativo a edificacións de acordo co Colexio de Arquitectura de Galicia.
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Dicionario visual da construción (CC BY-SA)

Feito con eXeLearning (Nova xanela)