Aínda que esta mítica frase "luces, cámara... acción!" é máis empregada no mundo do sétimo arte (o cine), o certo é que no ámbito musical acontece algo semellante cando os grupos se dispoñen a gravar as súas producións. Lembrade que unha vez se remate o traballo de estudo e as cancións cheguen ao gran público xa non haberá volta atrás, e o resultado das cancións non poderá ser modificado... por iso todos os profesionais que interveñen nesta última etapa andan con pes de chumbo.
A continuación deberedes andar tamén con tino para seleccionar cal é a única resposta correcta de entre as opcións que se amosan na seguinte actividade. Previdos e previdas... imos aló!
Nalgunhas ocasións o proceso de gravar un álbum para un selo discográfico e nun estudo de música profesional pode supoñer un esforzo inmenso e prolongarse moito no tempo. Xa vos podedes imaxinar... TODO ten que quedar estupendamente ben (dende cada nota nos punteos da guitarra solista ata a forma na que soan os pratos na batería), o que implica moito desgaste no conxunto da banda.
E preguntarédesvos... invertir tanto tempo paga a pena?
Para que vos fagades unha idea, o mundialmente coñecido grupo de heavy metal Metállica empregou dez meses enteiros en gravar o disco The Black Album (1991), chegaron a mudarse por completo aos estudos de One Recording de Hollywood e custou un millón de euros! Certo é que despois de todo o traballo foron quen de vender máis de corenta millóns de copias en todo o mundo.
Xa coñecedes como di o refrán... as cousas de palacio van despacio!