Gravar a nosas cancións
Como sabedes, o procedemento de gravación é algo moi delicado a nivel profesional, debido a cantidade de aparellos, instrumentos electrónicos e todo o equipo necesario para levalo a cabo (sen contar cos coñecementos que cómpre manexar neste tipo de situacións e que xeralmente requiren da participación dun técnico de son experimentado).
O certo é que dun tempo a esta parte as posibilidades das novas tecnoloxías permitiron achegar o mundo da produción musical o gran público, afastando a idea de realizar os traballos sempre en estudos de gravación profesionais e permitindo que nós memos/as poidamos manexar as nocións básicas de mestura de sons no noso propio homestudio.
Pero como aquí non somos de darnos por vencidos/as, farémolo a nosa maneira tentando simplificar ó máximo a parte técnica, de xeito que poidamos acadar un resultado estupendo sen ter que pelexarnos moito ca informática.
Comezaremos identificando o material imprescindible para conseguilo, que atoparedes na seguinte listaxe:
Que precisamos?
- Equipo informático con conexión á rede
- Programa de edición de audio AUDACITY (cargado por defecto nos equipos ABALAR do alumnado)
- Auriculares ou cascos (preferiblemente envolventes ou "over-ear", que cubren por completo a orella)
- Micrófono para a gravación (ben sexa de conexión directa ao equipo ou mediante interface de audio)
O programa AUDACITY ven presente de serie nos equipos ABALAR, polo que non se fai precisa a súa descarga. Se queredes realizar a actividade con outro ordenador ou sistema operativo diferente poderedes atopar o enderezo de descarga do software a continuación. Lembrade escoller antes da descarga do arquivo o tipo de sistema operativo que empregaredes.
Se tedes dúbidas sobre onde atopar o programa ou precisades coñecer se está instalado no equipo nos vos perdades o seguinte video-titorial!