A NOSA QUENDA
- Duración:
- 30
- Agrupamento:
- Colectivo
Nesta actividade ímonos a converter en auténticos/as directores/as de orquestra, pero desta volta a agrupación será a nosa propia clase! E como é de supoñer, precisamos unha formación instrumental para tocar a música que se nos pide. Pois ben, empregaremos a dotación instrumental de aula da que dispoñamos no noso contexto próximo, que de maneira orientativa se detalla no seguinte despregable:
Dotación instrumental de aula (recomendación)
- Obxectos sonoros
1.- Pau de chuvia.
- Altura determinada
2.- Frauta de émbolo.
3.- Frauta doce.
- Altura indeterminada
4.- Pito
- Percusión de altura indeterminada (IPAI)
5.- Triángulo
6.- Maracas
7.- Paus rítmicos
8.- Axóuxeres
9.- Pandeireta
10.- Pandeiro
11.- Pratos
12.- Caixa china
13.- Claves
14.- Crótalos
15.- Temple Block
16.- Bombo
- Percusión de altura determinada (IPAD)
17.- Xilófonos
18.- Metalófonos
19.- Carillóns
INDICACIÓNS PARA DIRIXIR
Para establecer o xogo primeiro deberemos facer unha distribución axeitada dos roles de traballo: unha persoa será a encargada de dirixir mentres que o resto serán os músicos que formarán a orquestra, cada un deles terá o seu propio instrumento e deberán seguir as indicacións da persoa que dirixe. A finalidade é establecer un diálogo entre os músicos e o director/a, tal e como acontece nas agrupacións profesionais, sen necesidade de empregar a linguaxe oral en ningún momento. Ademáis, para que queremos a lingua se xa podemos falar coas nosas mans? Atopareces as indicacións a continuación.
QUEN
Este xesto irá dirixido a un instrumentista en concreto, ou ben a unha sección ou grupo dentro da orquestra, e indicará QUEN é o escollido pola persoa que dirixe para comezar a tocar. Seguido a este xesto, deberán acompañalo as indicacións relativas a "como" facelo, que coñeceredes en adiante.
No caso de querer escoller a un grupo de persoas, empregaremos o xesto de sinalar (arriba) acompañado doutro xesto no que se detalla cos dedos o número de persoas as que nos referimos cando sinalamos. No caso de facer este xesto coas dúas mans e sinalar a todo o conxunto entenderase que as ordes que faga o director serán de cumprimento para toda a formación musical.
Se pola contra, despois de empregar este xesto sinalando a unha persoa que xa está participando e a intención da persoa que dirixe é que deixe de tocar, deberá acompañalo con outro xesto co puño pechado que representa a fin da súa intervención. No caso de empregar este xesto en ámbalas dúas mans toda a orquestra ao completo gardará silencio ata recibir novas indicacións. É o seguinte:
COMO
Unha vez que a persoa que dirixe sinale a un intérprete ou grupo, deberá indicarlle o COMO ten que facelo. Neste senso, poderá pedirnos que toquemos unha nota da escala en concreto, unha ou que fagamos modificacións na intensidade coa que esteamos a tocar (forte ou suave). Imos a comprobalo paseniño!
ALTURA
Como sabedes, a altura e unha calidade do son que nos permite diferenciar se un son é agudo ou grave, e cada nota da escala musical ten a súa altura correspondente, verdade? Pero ollo! Non todos os instrumentos poden variar a súa altura cando tocan, xa que dependendo da súa familia existen algúns que pola súa construción non poden facer notas, senón que soamente tocan ritmos. Por iso, non lle podemos pedir a unha pandeireta que toque a nota "SOL", nin a unhas maracas que fagan unha escala musical! A persoa que dirixe deberá coñecer as posibilidades sonoras de cada instrumento para que poida facer o que lle pide sen problemas. A altura será indicada pola persoa que dirixe coa man dereita, seguindo o código da fononimia que aprendimos na actividade anterior. Por se precisades refrescar a memoria velaquí tedes unha imaxe representativa das notas da escala:
INTENSIDADE
De novo outra calidade do son, que indicará o seu volume e polo tanto se nos resulta forte o débil. A potencia sonora coa que os músicos deberán tocar será indicado polo/a director/a empregando o código de xestos que teñen que ver coa intensidade, e expresarase coa man esquerda. Os xestos que deberemos empregar soamente teñen que coa orientación e a dirección da palma da nosa man, movéndoa de abaixo a arriba (subir o volume) ou ben de arriba a abaixo (baixar o volume). Detállanse a continuación.
Pois cando queirades xa podedes comezar co concerto... moito ánimo!
Seguindo estas mesmas regras deberiamos ser quen se traducir a melodía da nosa propia composición á lingua das nosas mans. Que me dicides, atrevédesvos a facelo? Para conseguilo soamente temos que saber cales son as notas que a forman e a súa representación con xestos. Deseguido déixovos unha pequena demostración cunha afamada canción que de seguro todos/as coñecedes! Cal será?
RESPOSTA
Un hit mundialmente coñecido como é a canción de "Estreliña onde estás". Tal foi a súa sona que traduciuse a moitísimos idiomas; como en francés «Ah! vous dirai-je, Maman», en inglés «Twinkle, Twinkle, Little Star», en alemán «Morgen kommt der Weihnachtsmann» ou incluso unha segunda versión en español coñecida como «Campanita del lugar». En canto a súa autoría descoñécese o compositor exacto, pero as investigacións apuntan a que foi W.A. Mozart quen compuxo a melodía orixinal nunhas variacións para piano no século XVIII.