Saltar navegación

Con moita técnica

Un lío de cables!

Conjunto de vectores de iconos aislados de artículos de sala de estudio de música
Uplyak (Freepik). Conjunto de vectores de iconos aislados de artículos de sala de estudio de música (CC BY)

Que non cunda o pánico! Agora que xa temos localizado o programa AUDACITY no noso equipo, o primeiro que imos a facer é un breve percorrido polas súas funcións principais, para que coñezades as posibilidades de gravación que ofrece e os controis básicos para logralo sen complicarnos demasiado. No vídeo interactivo que atoparedes a continuación resolveranse todas as vosas dúbidas sobre o funcionamento do programa, e trataremos os temas seguindo unha orde estabecida pero que podedes modificar ao longo da súa reproducción. É a seguinte:

  1. Primeiros pasos - 00:00
  2. Conexión de aparellos - 03:28
  3. Funcións principais - 07:22
  4. Edición de audio - 11:26
  5. Exportar e salvar - 17:45

Entre un tema e outro realizaremos pausas para que poidades adaptar o ritmo do titorial as vosas necesidades. Se o precisades, na listaxe anterior atoparedes o tempo de inicio de cada apartado por se tedes interese en avanzar a un tempo concreto do vídeo. Imos aló!

mp4

Se precisades un documento explicativo sobre as funcións básicas do programa AUDACITY podédelo atopar a continuación, visualizalo ou ben descargalo.

Titorial AUDACITY

Feito con eXeLearning (Nova ventá)