Coñecemento de Redondela | Coñece a totalidade da información traballada. (2) | Coñece a maior parte da información traballada. (1,5) | Coñece algúns aspectos importantes traballados sobre o tema. (1) | Non lembra a maioría dos aspectos importantes sobre o tema traballado. (0,5) |
---|
Coñecemento sobre os mapas e os planos e sobre os avances científicos e tecnolóxicos. | Coñece a totalidade dos conceptos traballados. (2) | Coñece a maior parte dos conceptos traballados. (1,5) | Coñece algúns aspectos importantes traballados sobre os temas. (1) | Non lembra a maioría dos aspectos importantes sobre os temas traballados. (0,5) |
---|
Investigación | É quen de buscar datos xerais e concretos en distintas páxinas web de xeito autónomo e eficaz, comparando a información de distintas fontes. (2) | É quen de buscar datos xerais e concretos en distintas páxinas web de xeito autónomo e eficaz. (1,5) | É quen de buscar información xeral ou concreta en distintas páxinas web de xeito autónomo. (1) | Non é quen de buscar datos sobre un tema nunha páxina web. (0,5) |
---|
Exposición oral | É capaz de expor oralmente, con orde e coherencia, os resultados das súas investigacións e/ou do traballo no grupo de expertos. (2) | É capaz de expor oralmente os resultados das súas investigacións e/ou do traballo no grupo de expertos. (1,5) | É capaz de mencionar algúns dos datos atopados na Internet e/ou do traballo no grupo de expertos. (1) | Non é capaz de compartir oralmente datos obtidos a través de Internet e/ou do traballo no grupo de expertos. (0,5) |
---|
Interese | Amosa curiosidade, iniciativa e constancia na realización das actividades. (2) | Amosa curiosidade e iniciativa na realización das actividades. (1,5) | Ás veces amosa iniciativa na realización das actividades. (1) | Fáltanlle iniciativa e constancia na realización das actividades. (0,5) |
---|