Uxía fíxase nun cartel que hai no albergue co contrasinal da wifi.
- Sabíades que a wifi existe grazas a unha actriz de Hollywood? - coméntalle ao seu grupo.
- Non tiña nin idea! Pero moitos avances científicos e tecnolóxicos foron creados por mulleres, aínda que nalgúns casos o recoñecemento leváronno os seu maridos - contesta Xan.
- Deberíamos facer algo para dar a coñecer a labor desas mulleres - propón Uxía -.
