Esta mañá Uxía, Martiño, Antía e Xan emprenderon o camiño dende O Porriño con outros compañeiros e mestres do seu colexio. Pasaron por Mos e fixeron unha breve parada no que foi pazo dos marqueses deste concello, que hoxe en día é un edificio multiusos moi ben aproveitado. Un par de horas despois chegaron a Redondela moi relaxados, xa que o tramo final era costa abaixo.
O Camiño Portugués. Redondela
1. Redondela
Investiga
Busca información sobre Redondela en diferentes páxinas web (por exemplo, na páxina web do Concello de Redondela).
Podes empregar esta guía:
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0