Como teñen a tarde libre e o día está soleado, Antía proponlle aos seus amigos dar un paseo ata a praia de Cesantes e botar alí unhas partidas de Rummikub.
- Que boa idea! Pero... como chegamos ata alí sen perdernos? - pregunta Xan.
- Pediremos un plano ou un mapa na Oficina de Turismo, que está aquí ao lado do albergue - contesta Antía.
- E logo? - insiste o seu amigo.
- Soamente teremos que orientarnos. Non teñas medo, que é moi doado. Eu algúnhas fines de semana participo coa miña nai e a miña irmá en carreiras de orientación. Cun compás e un plano axiña atoparemos a praia.
- Trouxeches á excursión o compás da clase de plástica? - indaga Xan despistado.
- Eu tamén vou! - exclama unha mestra.