Despois de pasar un rato agradable paseando pola praia de Cesantes, xogando algunhas partidas e merendando, a mestra que os acompañou propón regresar ao albergue antes de que anoiteza.
- Temos un problema - exclama Antía de súpeto -. Creo que perdín o mapa.
- Seguro que entre todos lembramos o camiño de volta porque era bastante sinxelo pero, se non é así, non vos preocupedes. Eu teño isto - indica a mestra mentres axita o seu teléfono móbil-.
- É para chamar un taxi? - pregunta Xan en ton gracioso -.
- Non! - ríe a mestra-. É para que Google Maps nos indique o camiño de regreso.
