Completa
Escolle as palabras que faltan.
Cal é a diferenza entre os planos e os mapas?
- Os @@planos@@ son representacións gráficas de superficies máis pequenas, como localidades ou edificios.
- O @@mapa@@ é unha representación gráfica da totalidade da superficie da Terra (mapamundi) ou dunha parte da mesma, como un país.
- A parte do mapa que explica o significado dos símbolos que aparecen nel chámase @@lenda@@ .
- Para poder representar unha superficie moi grande (a realidade) nunha superficie pequena (como un mapa) emprégase a @@escala@@, que é a proporción que existe entre ambos.
- A escala pode ser de dous tipos:
@@Numérica@@ : É unha fracción que indica a correspondencia entre unha unidade de medida no mapa e na realidade. Por exemplo, a escala 1:100000 indica que 1 cm no mapa equivale a 100000 cm na realidade.
@@Gráfica@@ : É unha liña dividida en segmentos que amosa a relación entre a medida da representación e da realidade.