Saltar navegación

Google Maps

Vídeo interactivo

mp4

Explora

Abre Google Maps e busca diferentes lugares. Por exemplo, escolle o lugar ao que che gustaría ir de vacacións ou o edificio no que vive alguén que coñeces. Despois, emprega diferentes funcións. Estas son algunhas ideas: 

- Busca imaxes con vista de satélite e con Street View.

- Investiga cal é o medio de trasporte máis rápido para chegar alí dende a túa vivenda. 

- Busca os centros médicos cercanos ou o restaurante no que poderías comer. 

Comentade

As recensións (ou reseñas) de Google son opinións que as persoas comparten para axudar a outros a decidir se visitarán un sitio ou non. 

Calquera persoa cunha conta de Google pode valorar un lugar, como un restaurante ou un parque, asignándolle un número de estrelas entre 1 (se lle gustou pouco) e 5 (se lle encantou) e escribir un breve texto.

Cando escribimos en Internet é importante ser respetuoso e honesto, sen enganar. Ademais, debemos revisar o texto antes de publicalo para asegurarnos de que expresamos correctamente o que pensabamos e de que non ten faltas de ortografía. 

Sen embargo, cando leas o que publicaron outras personas tamén debes ter en conta que non todo o mundo as escribe con honestidade e a información pode non ser veraz.

- Que pensades sobre estas opinións? Son útiles porque podemos saber información sobre os sitios antes de visitalos ou non deberían existir porque a información pode non ser certa?

Feito con eXeLearning (Nova xanela)