Saltar navegación

PROXECTO: Traballo en equipo

Icons made by Icon Pond from www.flaticon.com is licensed by CC 3.0 BY
  • Este é un traballo en equipo do grupo-clase.
  • O obxectivo é organizar un torneo por grupos de Bádminton individuais.
  • Estes son os pasos a seguir para facer o proxecto:
    • Facer grupos mixtos de 4 xogadoras e xogadores.
    • Cada grupo establecerá a orde dos partidos.
    • Cada partido xógase ao mellor de 3 sets.
    • En cada set dispútanse 21 puntos, cunha diferenza mínima de 2 puntos ou ata que se chegue a 30 puntos.
    • As/os dúas/dous xogadoras/es que non están xogando, serán observadoras/es e cubrirán a Acta do partido.
    • Cada xogador/a ten que xogar contra todos/as os/as membros do grupo.
    • Calquera dúbida durante os partidos, será consultada ás/aos observadoras/es ou ben ao/á profesor/a.

Boa sorte e a xogar!

Modelo de Acta partido Bádminton individuais

Neste arquivo adxunto atoparedes o modelo de Acta para o seguimento da cada partido.

A Acta terá que ser cuberto polas/os observadores/as e entregada ao/á profesor/a ao remate de cada partido.

Calquera incidencia ou comentario, terá que ser explicada na Acta e tamén verbalmente ao/á profesor/a.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)