5. O comezo do xogo e despois dun set
Carmen García e Xiana Guerra. Sorteo con moeda (CC BY-NC-SA)
|
Carmen García e Xiana Guerra. Sorteo con volante (CC BY-NC-SA)
|
- Antes de comezar un partido de Bádminton individuais, a/o árbitra/o fai un sorteo.
- Oficialmente, o sorteo faise lanzando unha moeda ao aire.
- Quen gaña o sorteo, escolle entre dúas opcións:
- Opción 1: Sacar primeiro, ou
- Opción 2: o lado da cancha.
- Quen perde o sorteo, queda coa opción restante.
- O sorteo tamén pode realizarse cun volante.
- A/o árbitra/o coloca o volante coas plumas sobre a banda branca da rede.
- Deixa que o volante caia ao chan.
- A gañadora do sorteo é a xogadora cara á que apunte a cabeza do volante.
- Ao remate de cada set, as xogadoras cambian de lado.
- Comeza sacando a xogadora que gañou o set anterior.
- Se hai que xogar o terceiro set ou "definitivo":
- vólvese facer o sorteo como ao comezo do partido e
- cambian de lado cando unha xogadora chegue a 11 puntos.