Saltar navegación

8. O que está prohibido

Non é correcto!Carmen García e Xiana Guerra. Non é correcto! (CC BY-NC-SA)

Hai determinadas accións no regulamento oficial de Bádminton individuais que está prohibido facer.

Fai esta actividade para saber que está prohibido facer cando xogas a Bádminton individuais:

  1. Mira as fotografías que aparecen na táboa inferior.

  2. Le o texto que hai debaixo de cada fotografía.

  3. Emprega o dicionario da RAG se hai algunha palabra ou expresión que non entendes.

Imos!

ESTÁ PROHIBIDO...
Golpear o volante por riba da cintura. Pisar liña no saque Golpear o volante despois de que tocara o chan
No saque, golpear o volante por riba da cintura ou máis alto que 1,15 metros. Durante o saque, pisar algunha liña. Golpear un volante despois de que tocara o chan.
Golpear o volante dúas veces. Coller o volante coa man ou que toque no corpo Tocar a rede coa raqueta ou co corpo
Golpear o volante dúas ou máis veces, antes de que pase por riba da rede. Coller o volante coa man ou que toque no corpo. Tocar a rede coa raqueta ou co corpo, ou invadir o lado contrario para golpear un volante.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)