A raqueta de bádminton caracterízase por ter unha vara longa e ser lixeira.
- O seu peso está entre os 100-115 g (sen cordaxe) para principiantes e os 75-90 g para profesionais.
- En canto aos materiais, aínda que inicialmente eran de madeira, actualmente son de aluminio ou, aínda máis lixeiras, de fibra de carbono (para competicións).
- As súas medidas oscilan entre os 58 e os 67 cm. de longo e 23 cm máximo de ancho.
- As partes dunha raqueta de bádminton son cabeza e tronco, unidos por unha gorxa ou cruceta.
- A cabeza compónse dun marco onde vai a cordaxe.
- O tronco ten unha vara e o mango ou empuñadura.
- Unha raqueta pode facerse con unha, dúas ou tres pezas. A máis flexible será a que se fai dunha soa peza (para profesionais) e a máis ríxida é a que se fai con tres pezas.
O volante ou pluma ten forma cónica aberta, é pequeno e lixeiro e pode estar feito con materiais naturais ou sintéticos.
- O seu peso está entre os 4,74 e os 5,40 gramos.
- Divídese en cabeza e plumas.
- A cabeza do volante ten forma de semiesfera e está recuberto cunha capa fina de coiro branco.
- As plumas teñen forma cónica.
- Os materiais cos que se fai un volante son:
- Corcho para a cabeza.
- 16 plumas de ganso ou ben materiais sintéticos, como o nailon.
- Dependendo da velocidade do voo, os volantes sintéticos levan unha banda de distinta cor na cabeza:
- Lentos (banda verde). Recomendados para iniciación.
- Velocidade media (banda azul). Os máis usados, especialmente para adestrar e no ámbito educativo.
- Rápidos (banda vermella). Son máis lixeiros e, polo tanto, máis rápidos. Recomendados para competición.