1. Definición de Bádminton individuais
Muller xogando ao bádminton (ano 1820) (CC0)
- O Bádminton individuais, é un deporte de raqueta e non-contacto.
- Xógase nunha cancha dividida por unha rede.
- Para xogar empregamos unha raqueta lixeira e un volante.
- O volante ten que ser golpeado claramente coa raqueta e pasar por riba da rede cara ao campo contrario. Pode tocar a banda branca da rede.
- O obxectivo do xogo é conseguir puntos.
- Un/ha xogador/a consegue un punto cando, despois de golpear coa raqueta o volante, este pasa por riba da rede e cae dentro do campo do adversario.
- As cualidades máis destacadas para xogar a este deporte son sacar, golpear, saltar e desprazarse rapidamente.