Saltar navegación

VÍDEOS: Regras básicas do Datchball

Icons made by Icon Pond from www.flaticon.com is licensed by CC 3.0 BY

O primeiro vídeo que vos propoñemos é orixinal e está feito con materiais propios e outros atopados en distintos repositorios na rede.

Neste vídeo destácanse os aspectos fundamentais do regulamento de Datchball.

As regras que atoparedes neste primeiro vídeo son as que empregamos nas nosas sesións de Educación Física para o deporte de Datchball e serven como un resumo a todo o visto nesta Unidade.

Ollade o vídeo para axudarvos a lembrar estas regras básicas do Datchball.

Carmen García e Xiana Guerra. Datchball. Regras básicas (CC BY-NC-SA)

En Internet podedes atopar moitos vídeos sobre o Datchball.

Centrarémonos nestes dous vídeos que aparecen deseguido.

  • O primeiro vídeo é de Francisco Javier Cabrera López. O obxectivo deste vídeo é mostrar os aspectos básicos do Datchball en situacións reais de xogo.

Podes velo aquí 

  • O segundo vídeo mostra o sistema de puntuación nos partidos de Datchball no deporte escolar.  Desfrutádeo!

Podes velo aquí  Icona vídeo

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)