
Icons made by Icon Pond from www.flaticon.com is licensed by CC 3.0 BY
Este é un traballo en equipo do grupo-clase.
O obxectivo é organizar un torneo por equipos de Datchball.
Estes son os pasos a seguir para facer o proxecto:
- Facer equipos mixtos de mínimo 6 e máximo 8 xogadoras e xogadores.
- Cada equipo ten que escoller unha capitá ou un capitán.
- Poñer un nome ao equipo.
- As capitás e os capitáns dos equipos que non están xogando, serán observadoras/es.
- Cada equipo ten que xogar contra todos os outros equipos na clase.
- Xógase ao mellor de 5 partidas. O equipo que gañe 3 partidas, será o gañador.
- Cada partida rematará cando un equipo quede sen ningún xogador ou xogadora na cancha.
- As/os capitás/áns teñen que apuntar o resultado final de cada partido e aquelas incidencias que lles parezan relevantes.
- O respecto ao regulamento do xogo (ver o póster co resumo das regras) é obrigatorio.
- Calquera dúbida durante os partidos, será consultada ás/aos observadoras/es ou ben ao/á profesor/a.
Boa sorte e a xogar!