A cancha onde se xoga a Datchball ten forma rectangular e as dimensións son variables, dependendo da categoría e competición. Dende 6x6 metros para prebenxamín ata 18x8 metros para xuvenil e absoluta.
Non obstante, se o ximnasio ou a instalación na que ides practicar Datchball non ten estas dimensións, adapta as medidas ao espazo dispoñible.
Fíxate, agora, nas seguintes características da cancha:
- Ten unha liña central, e dúas liñas dentro de cada un dos lados: unha vermella e outra branca.
- As liñas vermellas e brancas empréganse para acelerar o ritmo das partidas.
- No fondo haberá paredes para que a pelota rebote nelas e volva á cancha. Así a partida gañará en dinamismo e diversión.
- Se unha pelota vai fóra da cancha, soamente un/ha xogador/a pode ir buscala. Terá que ACTIVARSE tocando coa pelota a parede do fondo.
- IMPORTANTE: Cando se reducen as dimensións da cancha activando as liñas branca ou vermella, a cancha inicial segue sendo válida. Isto é, se un/ha xogador/a é tocado fóra das áreas reducidas porque foi buscar unha pelota, quedaría ELIMINADA/O.