O Datchball, é un deporte de equipo de cancha dividida.
Ten a súa orixe nun colexio de primaria da provincia de Zaragoza, onde Roberto Navarro, xunto co alumnado de 5º de primaria, elabora o primeiro regulamento do que hoxe en día, é o deporte do Datchball.
Para xogar empregamos tres pelotas de 165 mm de diámetro e entre 148 e 150 gramos de peso, para competicións oficiais.
O espazo de xogo é rectangular. O fondo de cada campo ten paredes, para que reboten as pelotas. Ten unha liña central e dúas liñas, unha branca e outra vermella en cada campo, que se empregan para acelerar o xogo.
O obxectivo do xogo é eliminar a todas/os as/os xogadoras/es do equipo contrario, golpeándolles cunha pelota.
Nun partido de Datchball xogan dous equipos mixtos. Cada equipo ten na cancha 6 xogadores e xogadoras e ata 12 inscritas/os.
A proporción de xogadoras e xogadores na cancha ten que ser, como mínimo, 4:2, é dicir, 4 xogadoras e 2 xogadores ou viceversa.
Todos/as os/as xogadores/as poden coller e lanzar unha ou máis pelotas.
As cualidades máis destacadas para xogar a este deporte son lanzar, atrapar e esquivar.
Os valores que se potencian no Datchball son:
coeducación: xa que os equipos son mixtos;
superación:dun xeito lúdico, cada persoa dá o mellor de si;
esforzo: para tratar de gañar ao equipo contrario;
motivación: por obter un bo resultado, traballando en equipo.