Como xa sabes, é fundamental que realices exercicios de quecemento o máis a miúdo posible e SEMPRE que vaias practicar algún deporte.
Na túa rutina de quecemento, deberás incluír mobilidade articular, exercicios dinámicos e estiramentos.
Se queres facer a túa propia rutina de estiramentos para Datchball, preme na seguinte imaxe:
A modo de exemplos, podes empregar esta rutina de exercicios que atoparás no seguinte vídeo da canle de Youtube do Departamento de Educación Física do IES de Brión.
Se queres ver máis vídeos desta canle, preme sobre o logo da canle
A modo de exemplo, atoparás no arquivo adxunto, xogos apropiados para realizar un quecemento específico de Datchball.