| DURACIÓN |
Xógase ao mellor de 3 ou 5 partidas.
|
| Unha partida remata cando un equipo queda sen xogadoras/es en cancha. | |
|
Poden acortarse as partidas empregando as liñas branca e vermella:
|
|
| COMEZO DO PARTIDO | Cada equipo está detrás da liña branca. |
| As 3 pelotas están sobre a liña central. | |
|
A partida comeza á voz de "DATCHBALL". As/os xogadoras/es corren cara ás pelotas e comeza o xogo. |
|
| XOGADORES/AS ELIMINADOS/AS |
Se a pelota toca a un/ha xogador/a e despois toca a parede ou o chan. Se a pelota toca a dous/dúas xogadores/as e despois toca a parede ou o chan, os/as dous/dúas están eliminados/as. |
| Se a pelota roda polo chan e despois toca a un/ha xogador/a. | |
| Se a pelota bota no chan e despois toca a un/ha xogador/a. | |
|
Se un/ha xogador/a pisa as liñas que delimitan o campo. Se un/ha xogador/a sae do campo. EXCEPCIÓN: Se vai buscar unha pelota que foi fóra. |
|
| Se un/ha xogador/a fai AIRE, quen lanzou a pelota queda eliminado/a. | |
| Cando un/ha xogador/a é eliminado/a ten que sentarse no banco, en último lugar. | |
| Cando volve á cancha, ten que ACTIVARSE (tocar parede ou liña branca) |
De seguido, presentamos as accións específicas do Datchball.
Preme nas palabras da táboa para escoitar en que consiste cada unha destas accións no Datchball.
| AIRE | ACTIVARSE | 10 SEGUNDOS | ESCUDO |
| PÉ | PASAR PELOTA | KAMIKAZE | MORTE SÚBITA |
aire
activarse
10 segundos
escudo
pé
pasar pelota
kamikaze
morte súbita