Saltar navegación

4. Equipos e material

Xogando a Datchball
Carmen García e Xiana Guerra. Xogando a Datchball (CC BY-NC-SA)

En Datchball, os EQUIPOS son mixtos.

  • Haberá 6 xogadoras/es por equipo ao comezo de cada partida.
  • Pode haber ata un máximo de 12 xogadoras/es inscritas/as en cada equipo.
  • Todas as persoas do mesmo equipo levarán a mesma cor de camiseta.
  • A proporción entre xogadores e xogadoras será, como mínimo, de 4:2, é dicir, 4 xogadoras e 2 xogadores ou viceversa.
  • Se nun equipo hai máis de 6 xogadores/as, os/as que non comezan xogando séntanse no banco, por orde.
  • Os/as xogadores/as que van sendo eliminados/as, séntanse no banco en orde, a continuación dos/as que xa están sentados/as.
  • Cando se fai AIRE, entra na cancha o/a primeiro/a xogador/a sentado/a no banco, e así sucesivamente.
  • Teñen preferencia para entrar no campo os/as xogadores/as sentados/as no banco, fronte aos que foron eliminados.
    • EXCEPCIÓN: Se todas as persoas do equipo no campo son do mesmo sexo, corre o turno das persoas sentadas no banco ata chegar a alguén do outro sexo.

Para xogar ao Datchball precisamos o seguinte MATERIAL:

  • 3 pelotas brandas. As pelotas oficiais de Datchball son de dous tipos:
    • Pelotas de training: diámetro 165mm e peso entre 111 e 113 gramos. Teñen fácil agarre, botan ben, son máis lixeiras que as oficiais e evitan o medo ao impacto. Son as máis recomendables para centros educativos.
    • Pelotas oficiais: diámetro 165mm e peso entre 148 e 150 gramos. Facilitan poder facer máis AIRES, e tiros máis directos e precisos.
  • Cordas e/ou conos para marcar as liñas: no caso de que non dispoñamos da cancha propia de Datchball.
  • Bancos para as/os xogadoras/es que non comezan xogando e para as/os eliminadas/os.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)