Icons made by Icon Pond from www.flaticon.com is licensed by CC 3.0 BY
Despois de traballar os contidos desta Unidade, propóñovos a seguinte tarefa en equipos.
O obxectivo desta tarefa é crear o voso vídeo orixinal sobre as regras básicas do Rugby Tag.
Para facer esta tarefa, seguide estes pasos:
-
Facede grupos de 3-4 persoas.
-
Podedes ver vídeos en internet para facervos con ideas de cara ao guión do vídeo.
-
Facede o guión do vídeo.
-
Repartide as funcións e tarefas de cada membro do grupo.
-
Establecede un calendario para poñer en común cada parte do traballo.
-
Editade o vídeo incluíndo títulos, subtítulos, audios, música e calquera outro elemento que vos pareza oportuno.
-
Gardade o proxecto do vídeo, por se houbera que facer algunha modificación.
-
Compartide o vídeo co/a profesor/a para a súa revisión.
-
Modificade aqueles aspectos do vídeo que o/a profesora/o vos indique.
-
Compartide a versión definitiva co/a profesor/a ou subídeo a internet e compartide o enlace.
IMPORTANTE: Usa imaxes e música libres, que non teñan dereitos de autor/a.
Aquí tedes un exemplo de como podería ser o resultado desta tarefa. As alumnas de 1º de Bacharelato do IES de Brión curso 2021-22 , Alejandra, Luz Andrea, Luz M.ª e Luna son as autoras deste vídeo titulado “Tag Rugby”.
Este vídeo é orixinal e mostra os aspectos básicos do Rugby Tag previos necesarios para practicar este deporte na materia de Educación Física e tamén en calquera ámbito recreativo.
Seguro que vos inspira!