LE E DECIDE: Verdadeiro ou Falso

Pregunta Verdadeira ou Falsa

Ocultar

Decide se as seguintes accións son VERDADEIRAS ou FALSAS.

Pregunta 1

1. Un ensaio é válido SOAMENTE se a/o atacante se deixa caer co balón na zona de ensaio.

Pregunta 2

2. Un ensaio é válido se quen ataca deposita o balón na zona de ensaio.

Pregunta 3

3. O gol é válido se o/a xogador/a que ataca, atrapa o balón no aire dentro da Zona de Ensaio e despois cae ao chan, co balón na man.

Pregunta 4

4. Os pases cara adiante están permitidos en Rugby Tag.

Pregunta 5

5. Calquera xogadora atacante pode intentar conseguir un ensaio.

Pregunta 6

6. Se unha xogadora non ten unha das súas cintas (“tags”) pode seguir participando no xogo.

Pregunta 7

7. Se unha xogadora vai ser placada, pode defender a súa cinta (“tag”) estirando o seu brazo.

Pregunta 8

8. Un partido de Rugby Tag dura 40 minutos divididos en dous tempos de 20 minutos cun descanso de 5 minutos.

Pregunta 9

9. Quen leva o balón pode correr con el na man, pero ten que parar se recibe unha placaxe.

Pregunta 10

10. Unha atacante que corre co balón, non ten un tempo determinado para pasalo.