6. A placaxe

Coller o tag do portador do balón
Carmen García e Manuel Mato. Coller o tag do portador do balón. (CC BY-NC-SA)
Levantar o tag e berrar “TAG”
Carmen García e Manuel Mato. Levantar o tag e berrar “TAG” (CC BY-NC-SA)
Devolver o tag ao atacante
Carmen García e Manuel Mato. Devolver o tag ao atacante. (CC BY-NC-SA)

O Rugby Tag é un deporte de non-contacto.

A placaxe en Rugby Tag consiste en quitar UNHA cinta (tag) á xogadora que está en posesión do balón, para que pare e pase o balón a unha compañeira.

Se o equipo atacante é placado 6 veces sen conseguir un ensaio, o balón pasa ao equipo contrario.

Vexamos, con máis detalle, as regras da placaxe:

  • Soamente pode ser placada a xogadora que ten o balón.

  • Cando unha xogadora atacante é placada:

    • NON pode golpear a man da defensora ou agachar o seu tag para impedir que llo quite.

    • Ten que parar o máis rápido posible, despois de escoitar TAG”.

    • Pode dar como máximo 3 pasos.

    • Ten que colocarse a cinta (tag) antes de seguir xogando.

    • Finalmente, ten que pasar o balón a unha compañeira.

  • Cando unha xogadora defensora vai placar:

    • NON pode tocar á atacante.

    • Ten que quitarlle SOAMENTE UNHA cinta (tag), levantar o brazo e berrar “TAG”.

    • Debe devolverlle a cinta o máis rápido posible.

    • NON pode defender nin bloquear o pase da atacante a unha compañeira despois do “tag”.