Saltar navegación

ACTIVIDADE ESCOLLA MÚLTIPLE

Icons made by Icon Pond from www.flaticon.com is licensed by CC 3.0 BY

Se liches con atención todo o relativo ao saque inicial, poderás contestar ao seguinte cuestionario. Fíxate ben e escolle a resposta correcta en cada caso.

Escolla múltiple

Pregunta

1. Como comeza un partido de Rugby Tag?

Respostas

Saque libre.

Saque inicial (“patear o balón).

Saque inicial (“tocar e pasar”).

Retroalimentación

Pregunta

2. Dende onde se executa o saque inicial?

Respostas

Dende o punto central da liña de medio campo.

Dende a zona de ensaio do equipo atacante.

Dende calquera punto da liña de medio campo.

Retroalimentación

Pregunta

3. Onde ten que estar cada equipo antes de que se execute o saque inicial?

Respostas

O equipo defensor no seu campo, sen pisar a liña de ensaio.

O equipo atacante ao longo da liña central.

Os dous equipos (agás a persoa que saca), no seus campos, detrás das liñas de 10 metros.

Retroalimentación

Pregunta

4. Cando se executa o saque inicial?

Respostas

Ao comezo dun partido.

Ao comezo da segunda metade do partido.

Ao comezo de cada parte dun partido e despois de cada gol.

Retroalimentación

Pregunta

5. Poden moverse as/os xogadoras/es dos equipos?

Respostas

Non, ata que o balón estea no aire.

O equipo defensor non, pero o equipo atacante si.

O equipo atacante si, pero o equipo defensor non.

Retroalimentación

Pregunta

6. Que equipo ten que tocar primeiro o balón despois do saque inicial?

Respostas

O equipo defensor.

O equipo atacante.

Quen chegue primeiro ao balón.

Retroalimentación

Pregunta

7. Escolle a opción incorrecta. Despois do saque inicial,

Respostas

O balón pode tocar o chan.

O balón ten que collelo no aire alguén do equipo atacante.

O balón pode lanzarse cara adiante.

Retroalimentación

Pregunta

8. O equipo a quen lle corresponde coller o saque inicial,

Respostas

Comeza a defender.

Comeza a atacar.

Pode conseguir un ensaio directamente con ese pase.

Retroalimentación

Pregunta

9. Se o saque inicial cae no chan ou vai cara adiante,

Respostas

O equipo atacante continúa atacando.

O equipo atacante repite o saque inicial.

O balón é para o equipo defensor.

Retroalimentación