
3. O campo de xogo

O campo onde se xoga a Rugby Tag mide, aproximadamente, a metade dun campo de rugby transversalmente.
O típico campo de Rugby Tag mide 70x50 metros, máis 5 metros a cada lado, que é a zona de ensaio.
Non obstante, se o ximnasio ou a instalación na que ides practicar Rugby Tag non ten estas dimensións, asegúrate que se gardan as proporcións, por exemplo 30x18 metros ou 15x9 metros e reduce o número de participantes por equipo.
Fíxate, agora, nos seguintes características do campo:
-
O campo está dividido por unha liña central en dúas metades iguais.
-
Paralelas á liña central están as liñas de 10 metros, unha en cada metade.
-
Hai un punto central na metade da liña central desde onde se realiza o primeiro saque e o saque despois dun gol.
-
Hai dúas zonas de ensaio, en cada extremo do campo.
-
A profundidade das zonas de ensaio é de 5 metros.
-
As liñas de ensaio son as liñas que separan a zona de xogo das zonas de ensaio.
-
Al liñas laterais forman parte do campo de xogo.
-
Oito obxectos flexibles e brillantes (por exemplo, conos plásticos), marcan as zonas ensaio.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0