
Un ensaio é válido cando o balón cruza totalmente a liña frontal da zona de ensaio, como se pode ver na imaxe superior.
O/a atacante co balón cruza a liña de ensaio e deixa o balón no chan. NON pode tirarse ao chan ou lanzar o balón. O balón ten SEMPRE que estar DENTRO da zona de ensaio e SEN TOCAR a liña.
Para evitar feridas ou lesións, se o campo é unha superficie dura (polideportivo, ximnasio…), para conseguir un ensaio a/o atacante ten que cruzar a liña de ensaio e correr co balón dun lado a outro dentro da zona de ensaio.