Saltar navegación

Tipos de feminismo

Tanto na terceira onda, última metade do século XX como na cuarta onda, século XXI, empezamos a falar de feminismos en plural, pois non existe un só enfoque e cada vez son máis diversas as miradas que temos as mulleres de explicar a nosa experiencia vital, e relación coa sociedade

É unha realidade que se foron ampliando as diferenzas nos puntos de vista das análises e, os temas prioritarios de estudo e de reivindicación tamén foron cambiando, así podemos falar, entre outros:

  • Feminismo liberal: xorde nos anos 60 en EE UU, o seu principio é que a muller sofre desigualdade, debido á exclusión da vida pública. Defenden que para lograr a igualdade a muller ten que formarse e ocupar cargos políticos para poder facer e reformar leis en pro á igualdade.
  • Feminismo radical: na década dos anos 70, caracterizouse polas súas protestas na rúa, a súa forma de facerse oír, a súa máxima era a "revolución da rúa aos dormitorios"; definiron o concepto de patriarcado e xénero, o seu obxectivo era a revolución ante a opresión.
  • Feminismo institucional: coa declaración dos DD. HH. e diferentes convenios da ONU, para conseguir a igualdade real das mulleres a nivel mundial coa creación no 2010 de ONU mulleres. No diferentes países a través de creación de ministerios e institucións dedicadas á defensa da igualdade. En Galicia creouse o CIM (centro de información da muller), onde ofrecen charlas e asesoramento.  Sabes onde está o CIM da túa localidade, ten algún proxecto?
  • Feminismo académico: está relacionado co feminismo institucional e centrándonos en España na década dos 90, é cando se empezan a tratar e estudar as teorías e pensamentos feministas, nas universidades, na FP (ciclo superior de promoción de igualdade de xénero) e tamén na ESO (incluíndo no currículo mulleres relevantes).
  • Ecofeminismo: esta corrente ve unha conexión entre a explotación e a degradación do mundo natural e a subordinación e a opresión das mulleres. Emerxeu a mediados dos anos 70 xunto á terceira onda do feminismo e o movemento verde. Do movemento verde toma a súa preocupación polo impacto das actividades humanas no mundo inanimado e, do feminismo toma a visión de xénero da humanidade, no sentido que subordina, explota e oprime as mulleres".

Primates. Banda deseñada, castelán

portada libro primates

Sipnose

Con esta lectura podemos coñecer o mundo dos primates a través de tres grandes primatólogas, que dedicaron a súa vida á súa paixón, Dian Fossey cos gorilas, Jane Goodall cos chimpancés e Birute Galdikas cos orangutáns. Tamén defenden o medio ambiente protexendo o hábitat natural dos primates aos que estudan. Non se podería entender a antropoloxía do século XX sen elas.

  • Feminismo lesbiano: mantén que a homosexualidade lesbiana non é só unha cuestión de preferencia sexual ou de dereitos civís, senón unha forma de vida que combina o persoal co político. Foron as primeiras que denunciaron publicamente a gravidade da violencia contra as mulleres e propuxeron a creación de centros de acollida. A súa influencia na sociedade actual foi decisiva.
  • Ciberfeminismo: empeza coas novas xeracións nativas dixitais, enfróntanse a retos novos e que parten de conquistas realizadas polas mulleres de anteriores xeracións. Teñen na redes sociais e a viralización, unha ferramenta moi potente para dar a coñecer as súas reivindicacións.
  • Feminismo romaní: emerxe no sur de España na década dos 90 e, hoxe en día, expandiuse por España e Europa. Loita por unha dobre invisibilización: muller e xitana, debido a todos os estereótipos que hai ao redor da súa raza.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)