Saltar navegación

A nosa historia

Que sabes dos movementos feministas e diferentes tipos de feminismo, quen os impulsou, cando xurdiron e en que momento foron as diferentes ondas? Botaremos unha vista a atrás para ver como as nosas antecesoras loitaron polo dereitos de todas as mulleres para erradicar toda forma de discriminación sexista.

Historia del movimiento feminista. Libro ilustrado, castelán

portada libro historia del feminismo

Sipnose

De forma moi gráfica e a través dunha liña do tempo, este libro conta a historia do feminismo nos últimos 150 anos e os logros máis importantes na loita pola igualdade.

Grazas a toda esa loita, hoxe en día, existen leis e normas para fomentar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, pero aínda persisten “barreiras invisibles” que dificultan ou, no peor dos casos, impídenlles o acceso ás nenas/mulleres a determinados ámbitos e/ou sectores da sociedade.

Non todos os países están no mesmo banzo na loita pola igualdade, atréveste a mirar?

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)