Dende 1789 concorreron diferentes acontecementos que favoreceron a loita feminista. Iníciase a Revolución Francesa en 1789, e, con ela recoñéceselles a cidadanía e os dereitos civís aos homes, pero esquécese das mulleres que loitaron da mesma maneira, a reacción foron as publicacións, en 1971 por parte de Olympe de Gouges da: Declaración dos dereitos da muller e da cidadá, en réplica á Declaración dos Dereitos do Home e o Cidadán, por considerar que excluía as mulleres.
E en 1792 Mary Wollstonecraft publicou Vindicación dos Dereitos da Muller, estes dereitos avogan pola igualdade da intelixencia e capacidade das mulleres e reclaman o dereito á educación.
En paralelo iníciase a primeira revolución industrial cun gran avance científico e tecnolóxico e empezan a xurdir as ideas fundacionais do dereito ao voto.