Saltar navegación

Breve historia do feminismo e as súas ondas

Pódese dicir que as abadías foron durante a Idade Media a alternativa ás mulleres solteiras; nestes lugares dábaselles acceso á alfabetización e á cultura, é o primeiro espazo coñecido para a sororidade e creación das mulleres.

Antes de comezar o século XVIII, momento no que se prende a mecha do feminismo e a súa primeira onda, destaca a figura da humanista italiana Christine de Pizan, que publica a súa obra “A cidade das damas” no ano 1405, onde trata de defender a imaxe do corpo feminino como algo positivo, trata a violación e o acceso das mulleres ao coñecemento, rebatendo os argumentos misóxinos que a sociedade da época daba por válidos.

abadia  e campo de lavanda
Hans Braxmeier. abbaye-de-senanque-gcca332a29_1920 (pd)

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)