Saltar navegación

Terceira onda: última metade do século XX

A muller referente do principio desta terceira onda é a filósofa francesa Simone de Beauvoir publicando en 1949 O Segundo sexo e trae consigo unha nova onda feminista promovendo os dereitos e liberdades das mulleres.

Un paseo por la vida de Simone Beauvoir. Biografía, castelán

portada libro simone

Sipnose

Esta é a biografía da filosofa francesa e icona feminista da segunda metade do século XX. A escritora que escribe en primeira persoa debulla a vida  e a relación coa súa familia, dende a infancia, pasando pola adolescencia, ata chegar á madurez convertida en libre pensadora e escritora. Podes percorrer París da man de Simone polos sitios onde transcorre a vida desta muller. Cada capítulo esta ilustrado en por Malota.

Nos anos 60 e 70 iníciase un movemento revolucionario, caracterizado por perseguir a liberación e control do seu propio corpo; reclámase a despenalización do aborto e o acceso a anticonceptivos.

Nos anos 80 conséguese igualdade no ámbito público, pero non no privado. A muller segue a cargo da organización das tarefas domésticas, acúñase o termo superwoman e xorde o termo androcentrismo. Preténdese erradicar a visión das mulleres como estereotipo sexual nos medios de comunicación, a arte e a publicidade.

Na década dos 90 a sociedade empeza a considerar as mulleres como un colectivo para ir contra o sistema e empézase a falar de diferentes tipos de feminismos, cada un con posturas e visións diferentes para conseguir a igualdade.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)