Saltar navegación

Historia do feminismo en España

As reivindicacións pola igualdade en España despegaron ao mesmo tempo que en Europa, pero, pola ditadura de Franco (1939/75), paralizáronse e volvemos para atrás en moitos dereitos. Cando as mulleres se incorporaron ao mundo laboral (tanto en España como no resto do mundo), foi nunhas condicións pésimas, de desprotección total e, moi restritivas, xa que, a súa vida laboral acaba cando contraen matrimonio e abandonan o traballo para dedicarse á familia, función para a cal as educaran. Os seus empregos, se seguían traballando, eran considerados subsidiarios aos do marido e as súas opcións profesionais estaban moi limitadas.

A loita para a obtención da igualdade ao longo dos séculos XIX e XX en España estivo marcada por numerosas figuras, as cales van esixir os dereitos das mulleres e, por tanto, a necesidade da sociedade por romper coa reprodución dos roles tradicionais que as oprimen, como exemplos:

  • Concepción Arenal (1820-1893) foi a pioneira do feminismo español e do traballo social. Estudou dereito, pero non recibiu o título, xa que, cando empezou a universidade, facíao disfrazada de home, unha vez descuberta e pasado un exame de aptitude, permitíronlle escoitar as clases nun cuarto á parte dos seus compañeiros homes. Esta pensadora insistiu na igualdade das mulleres en todas as esferas sociais, empezando pola necesidade de educación das mulleres. Loitou sempre polos máis desfavorecidos denunciando a situación nos cárceres de homes e mulleres desa época. 

La mujer del retrato. Banda deseñada, castelán

portada banda deseñada

Sipnose

Este cómic adéntrase na infancia e adolescencia de Concepción Arenal, revelándose desde pequena contra as inxustizas do mundo que a rodea. As ilustracións corren a cargo da tataraneta da muller que está a retratar, Concepción Arenal, sempre vista seria e de negro, a ilustradora imaxínaa na súa infancia como unha nena máis.

  • Emilia Pardo Bazán (1851-1921) fundou e dirixiu a Biblioteca da Muller, nela publícanse por primeira vez en España textos relacionados co feminismo que son considerados como obras clave para este. Ela, a través dos seus libros, deulles voz ás mulleres desa época.
  • Maria Viyals, coetánea de Emilia Pardo Bazán, con quen mantivo amizade, é considerada como unha das pioneiras na introdución do feminismo en Galicia. Naceu no ano 1875, en Soutomaior, foi unha aristócrata atípica,  destacada escritora, articulista, activista social e sufraxista.
  • Elvira Bao Maceiras, nada na Coruña no 1890 e finada na mesma cidade no 1971. Foi mestra e desenvolveu a súa actividade docente na  provincia da Coruña desde 1920 até 1936, activa militante do galeguismo e do republicanismo. Militou nas Irmandades da Fala da Coruña. Como consecuencia do seu activismo político, logo do golpe de estado de 1936, pasou uns meses no cárcere e foi separada definitivamente do ensino público.

A partir dos anos 20, o feminismo español comezou ás reivindicacións sociais, a máis importante dereito á educación, o 71% das mulleres nesa época eran analfabetas. Na ditadura de Primo de Rivera 1923/ 30 as mulleres solteiras e viúvas poderán votar, e as mulleres casadas, se tiñan o permiso do seu marido, tamén, é dicir, dominaba a autoridade masculina. Con todo, e a pesar dos esforzos das primeiras sufraxistas españolas con Vitoria Kent, Margarita Nelken e Clara Campoamor, a primeira gran defensora do sufraxio universal, tiñan distintas opinións sobre o exercicio do voto feminino , con visións enfrontadas. Clara avogaba polo sufraxio total, en cambio Kent dicía que aínda non estaba preparado polo sometemento eclesiástico e conxugal, o sufraxio feminino foi outorgado moito despois, no marco das reformas introducidas na lexislación da Segunda República española (1931/36).

Una mujer un voto. Banda deseñada, castelán

portada libro una mujer un voto

Sipnose

Mari Luz, unha moza provinciana, chega a Madrid. Ten que gañarse a vida empeza a traballar en Tabacalera como cigarreira, enfróntase a un embarazo non desexado e a violencia de xénero. É axudada polas súas compañeiras de traballo e da man destas empeza a coñecer as revoltas e a loita das traballadoras por un traballo digno, Neste relato crúzase a historia de Clara Campoamor e a súa defensa polo sufraxio feminino.

Coa guerra civil, penetramos nos duros anos do franquismo, cortando de novo todos os avances conseguidos por multitude de mulleres, repregándoas de novo ao fogar e figura decorativa e a estar sometidas polos seus maridos tanto anónimas como ilustres, que provoca o exilio e silencio da maioría. As mulleres que loitaran contra o franquismo, represaliadas duramente, foron rapadas humilladas e desposuídas dos seus fillos e fillas e moitas executadas.

A lavandeira de San Simón. Libro ilustrado, galego

portada libro a lavandeira de San Simón

Sipnose

Unhas mulleres valentes e xenerosas lávanlle a roupa aos presos da Guerra Civil da Illa de San Simón. Vémolo a través dos ollos de dous nenos, un fillo dunha lavandeira, e o outro dun preso; coñecemos un pouco de historia tan pouco coñecida ata o de agora, como é o campo de concentración desta illa.

Hai acceso á educación, pero sempre separadas, mozos e mozas e con materias diferentes. A morte do ditador Franco en 1975 supuxo a impulsión de novas políticas e medidas feministas que viron a oportunidade de liberarse de todas as ataduras e imposicións franquistas do momento. De feito, considérase que o feminismo contemporáneo, en España, naceu naquela época. Foi no 1977 cando tivo lugar a primeira consulta popular despois de 41 anos e, nela votaron tanto homes coma mulleres.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)