Saltar navegación

Tarefas, agora tí

  • A primeira tarefa é individual comprobaremos canto sabes da historia do feminismo.
  • Con unha ollada a outros países, imos investigar e averiguar como están noutros países en materia de igualdad e faremos unha reflexión.
  • As seguintes lecturas daranvos unha visión de que sucede ao redor do mundo:

A trenza. Novela, galego

portada libro a trenza

Sipnose

Tres mulleres na actualidade, vivindo en países con realidades totalmente diferentes. Unha muller canadense, triunfadora na súa traxectoria como avogada, unha moza siciliana que mentres as súas amigas e a súa familia pensan no matrimonio, ela dedícase a ir á biblioteca e a responsabilizarse das débedas familiares e unha muller india pertencente a unha das castas máis baixas que loita contra o destino da súa filla pretende que viva outro futuro. Penetramos nas súas vidas, tan distintas unhas das outras. Cada capítulo cóntanos a historia dunha delas e vanse unindo capítulo a capítulo como unha  trenza.

Astrolabio. Teatro, castelá

portada libro astrolabio

Sipnose

O título desta peza teatral fai referencia a un antigo instrumento astronómico que permite determinar a posición e altura das estrelas sobre o ceo. O seu nome significa buscador de estrelas. A paixón de Duna, a protagonista, é ser astronauta e decide fuxir, para cumprir os seus soños, cando a súa familia prepáralle un matrimonio concertado cun tuareg. Na súa marcha recibe a axuda doutras mulleres para orientarse e cumprir o que desexa. Neste libro profúndase sobre o papel asignado ás mulleres nas distintas partes do mundo e tamén da importancia dos propios intereses e aspiracións de cada unha.

Persépole. Banda deseñada, galego

Portada libro Persépole

Sipnose

Este relato autobiográfico converteuse nunha icona da banda deseñada. A súa primeira edición foi hai 20 anos, e por desgraza tan actual, hoxe traducido a multitude de linguas e adaptado a película. A través dos ollos dunha nena cóntasenos a súa infancia ata converterse en adulta. Cuns debuxos naif, en branco e negro, imos vendo o mundo que a rodea e como se transforma coa revolución iraniana que recorta case na súa totalidade os dereitos das mulleres, como a obriga de volver levar veo ou a prohibición de escoitar música.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)