Saltar navegación

Traballadoras das fábricas: Pontesa

Traballadoras das fábricas, as mulleres de Pontesa, exemplo de organización e loita sindical feminina

Pontesa foi fundada en 1961, en Soutomaior preto de Vigo, por un emigrante retornado de Cuba. Esta fábrica que nos seus inicios contou con 600 postos de traballo e alcanzou os 1200, na súa maioría ocupados por mulleres que grazas a iso, tiveron o seu primeiro salario para poder emanciparse e empezar a construír a súa independencia.

Ao principio, lembran as traballadoras, en condicións de semiescravitude, pero aos poucos grazas á organización e á loita sindical conseguiron grandes melloras, reducir a xornada de 48 a 40 horas e melloras sociais, xa que chegou a contar nos seus centros de traballo con escola, economatos e comedor. Converténdose nunha empresa pioneira neste sentido.

Na década dos 80 e 90, coa reconversión industrial, empeza o seu declive ata que 2001 produciuse o peche inesperado, quedando a deber salarios e indemnizacións. As mulleres traballadoras organizáronse para reclamar todo o que lles debían, hoxe en día, aínda  están á espera que se resolva o xuízo.
 

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)