Saltar navegación

Científicas e investigadoras, o Efecto Matilda

As mulleres científicas e investigadoras teñen dous hándicaps para realizar as súas carreiras profesionais. O primeiro que é común tanto a homes como a mulleres é o colapso da ciencia en España, xa que hai recortes de orzamentos continuos, moita burocracia para continuar con proxectos, pensa que estas investigacións adoitan durar décadas e gran inestabilidade laboral, (salarios moi baixos e contratos temporais).

O segundo hándicap é a invisibilización dos logros das mulleres científicas, cuxas achegas adoitan atribuírse aos homes; o motivo é que canto máis alto é o posto, a proporción de homes é cada vez maior, polo que a maioría dos equipos son liderados por homes e a eles adóitaselles atribuír os descubrimentos feitos nestes equipos, isto coñécese como o Efecto Matilda.

Debido ao anterior, España sufriu dende sempre a fuga de cerebros, o que significa, que a maioría do persoal científico para poder desenvolver en plenitude o seu labor investigador, ten que emigrar cara a outros países.

Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros. Biografías, galego

Portada libro

Sipnose

A autora deste libro, menciona  que a motivación de escribir sobre mulleres científicas é que ″Precísamos referentes para a xente nova. Como vas querer ser coma elas se non sabes que existiron?"

O  libro achéganos ao inicio  das mulleres no mundo universitario, concretamente na Universidade de Santiago e ás dificultades que pasaron estas primeiras científicas para que fosen recoñecidos os seus traballos. O libro fálanos das achegas destas pioneiras ao mundo científico, para que a seu labor non volva a quedar invisiblizada.

En Galicia temos mulleres científicas que cambiaron a historia e son un referente para as nenas que queren abrirse camiño no campo da  investigación, entre otras podemos destacar a:

  • María Wonerburguer. A Coruña (1927/2014). Licenciada en Matemáticas. Foi a primeira muller española en obter a bolsa Fullbright, feito que lle permitiu acceder a Yale e obter o doutorado na teoría de grupos. Fixo grandes achegas dentro dese campo, sendo a “nai” da teoría de Kac-Moody, con importantes aplicacións na física e nas matemáticas. Existe un premio anual que leva o seu nome e que se lle outorga a científicas galegas con méritos destacados en investigación.
  • Alicia C. Estévez Toranzo. Nada en Pontevedra en 1955, licenciouse en Farmacia e doutorouse en Bioloxía na USC, onde actualmente é catedrática de Microbioloxía. É inventora de oito patentes de uso en Acuicultura (vacinas e procedementos de diagnóstico), participou en máis de 65 Proxectos de Investigación e Desenvolvemento tecnolóxico Nacionais e Europeos. É Académica Numeraria da Real Academia Galega (RAG) de Ciencias.
  • Begoña Vilas. Unha galega na NASA. Nada en Vigo en 1963, esta astrofísica, traballa na actualidade para a Axencia Espacial Canadense e para a NASA, sendo unha das enxeñeiras encargadas da coordinación de instrumentos do telescopio espacial James Webb, está especializada no estudo de galaxias espirais.

Galegas na ciencia. Biografías, galego

portada libro

Sipnose

Un percorrido pola historia, por orde cronolóxica a través de vinte biografías de científicas galegas que lles abriron portas ás demais, dende o século XVIII, ata a época da posguerra en 1948, textos de Isabel Blanco e ilustracións con acuarelas por María Lapido. A mesma autora aclara que hai moitas máis mulleres que dedicaron a súa vida a ciencia, pero quere que esta mostra lles sirva de inspiración ás pequenas xeracións.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)