Loitadoras no seu momento, descobre un cachiño da súa vida.
É probablemente a primeira muller escritora de toda a Hispania romana. Nacida na Gallaecia no século IV, narrou a súa peregrinación ata Oriente Próximo durante catro anos, elaborando a que se considera o primeiro libro de viaxes. Pola súa cultura e independencia pénsase que puido ser monxa ou dama da alta sociedade.
Foi a máis sonada das soldadeiras da nosa época medieval. As soldadeiras eran mulleres adscritas á Corte que tiñan como oficio cantar e bailar e recibían por iso unha soldada, de aí o nome.Aínda que pertencía a unha familia noble desenvolve este oficio como unha maneira de fuxir da obriga do matrimonio e dos estereotipos marcados para as mulleres da época. É unha das primeiras mulleres en facer as Cruzadas.
Nobre galega do medievo que, acompañando a súa curmá a Portugal, ficou namorada do infante Pedro. O pai deste, o rei Afonso VI, rexeitaba a relación e decidiu, xunto a outros nobres lusos, asasinala. Cando Pedro herdou o trono comezaría a vinganza contra aqueles, e incluso cóntase que fixo sentar o cadáver da nosa protagonista no trono para que lle bicasen a man. O que si sabemos é que foi coroada como raíña portuguesa despois de morta.
Participou activamente nas loitas que os plebeos libraron contra os señores feudais que querían desposuílos das súas terras. Foi unha heroína galega, que protagonizou unha revolta na cidade de Lugo contra o poder eclesiástico.
Muller canguesa coñecida por ser condenada por bruxería despois de ser torturada pola Santa Inquisición no 1622. Todos os seus bens foron confiscados, morrendo na fame e miseria. Constitúe hoxe un símbolo da vila, máis que como falsa bruxa, como mostra da capacidade de sufrimento e da inxustiza.
Deu comezo coa súa obra Cantares gallegos ao Rexurdimento, do que foi protagonista xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. Considérase unha das poetas máis destacadas do século XIX.
Muller polifacética, foi unha precursora dos dereitos das mulleres e do feminismo en España. Nada nunha familia nobre, mandou construír, en Sada, o Pazo de Meirás. Foi a primeira muller en ser socia do Ateneo de Madrid, en 1905, e a primeira muller en ocupar unha cátedra de literaturas neolatinas na Universidade Central de Madrid, en 1916. Alén disto, foi promotora da Comisión Xestora para a creación da Academia Galega, sociedade. Aínda que foi unha afamada novelista, crítica literaria, xornalista e ensaísta do século XIX, foi rexeitada en tres ocasións para facer parte da Real Academia Española. Entre os seus fitos literarios, destacou por ser unha das figuras sobranceiras dentro do movemento literario que coñecemos como Naturalismo. Entre outras obras, é coñecida por ser a autora das novelas La tribuna, Los pazos de Ulloa ou La madre naturaleza.
Filla duns emigrados de Marín, decidiu tornar á vila dos seus devanceiros. En 1936 negouse a mudarse á casa do seu xefe, membro da Falanxe, a Vigo. En consecuencia disto e das súas ideas (era evanxelista e republicana), sufriu un escarnio público, séndolle rapado o pelo. Finalmente volvería aos Estados Unidos, país onde nacera.
Pouco coñecida en España, pero unha das mellores intérpretes do teatro e cine en Francia, onde se refuxiou coa súa familia, fuxindo da Guerra Civil, xa que o seu pai era ministro da guerra do goberno republicano. De adulta e rematada a II Guerra Mundial dará voz aos exiliados republicanos en moitos actos organizados en París. Viaxará por todo o mundo para interpretar a diferentes personaxes en distintos escenarios e protagonizar cine francés.
Foi quen de acadar o cumio do Everest sen empregar osíxeno artificial. Tamén de completar o proxecto Leopardo das Neves outorgado aos deportistas que conseguen coroar os picos máis altos da extinguida Unión Soviética ou de alcanzar o Polo Sur en 59 días de travesía sendo a primeira expedición española en solitario en conseguilo.
Se queres coñocer a máis mulleres e tamén rir un intre, pois con este cómic, conseguiralo, o autor coas súas viñetas e nun ton irónico relátanos a historia de Galicia a través das mulleres, tanto anónimas e famosas, pero que todas achegaron á hora de construír a nosa identidade como país.