Saltar navegación

Mariscadoras, a loita no mar

Traballadoras do mar: mariscadoras, un oficio de sempre e sostible

Na costa galega, cando baixa a marea podes ver a multitude de mulleres cargando con anciños e capachos camiñando pola praia, son as mariscadoras a pé. O marisqueo a pé, refírese á captura de diferentes especies que viven sobre o fondo areoso do mar. As mariscadoras a pé recollen principalmente berberechos, ameixas, navallas e longueiróns. Para iso escarban a area que queda ao descuberto durante a baixamar con ferramentas que proceden da agricultura. 

Este colectivo que empezou sendo exclusivamente de mulleres e a día de hoxe seguen sendo case o 82%. Xurdiu como ingreso extra para mellorar a economía familiar, pois os homes embarcaban para pescar, as mulleres quedaban a cargo da familia e da casa e alternábano co marisqueo a pé. Este factor, que foi axuda á economía familiar e un traballo descontinuo (trabállase por mareas), foi relegado a valoralo como un traballo en si mesmo, co paso dos anos este punto de vista cambiou.

vista xeral mariscadoras na ría de Pontevedra
Domínguez Ventín J.M. Mariscadoras a pé (CC BY-SA)

A organización e profesionalización deste oficio iniciouse a finais dos anos 80; as galegas foron pioneiras nas súas reivindicacións para conseguir unha protección e unha lexislación para este oficio, agora para ser mariscadora é necesario obter unha licenza e darse de alta en autónomos, ten tamén unhas limitacións de horas e quilos de especies recollidos. A parte de mariscar, limpan, sementan, controlan as especies depredadoras e invasoras e vixían o furtivismo. Desenvolven a súa actividade de forma completamente sostible.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)