Estendeuse que a orixe da celebración do día da muller traballadora foi debido a unha terrible traxedia ocorreu o 25 de marzo de 1911. Xa que, máis de 100 traballadoras téxtiles, mulleres inmigrantes na súa maioría de Europa do Leste e Italia, perderon a vida nun incendio na fábrica de Triangle Shirtwaist en Nova York.
Trampa de lume. Novela, galego

Sipnose
Este libro de lectura fácil, está baseado na historia real dun incendio ocorrido a principios de século XX en Nova York, nesta fábrica, onde a maioría dos traballadores eran mulleres, debido ao lume morreron 146 persoas, descubriuse que traballaban nunhas condicións laborais pésimas
Coa revolución industrial a finais do século XVIII nace un novo tipo de sociedade, a burguesa, o home traballaba e a muller dedicábase ao fogar e educación dos seus fillos e fillas, pero non ocorreu así cos sectores humildes da sociedade, as mulleres debían traballar nas fábricas para complementar o salario do home, pèro estaban en situación de desigualdade, xa que eran explotadas, e cobraban menos que os homes, cando as súas xornadas de 14 horas acababan, elas dedícanse ás tarefas do fogar, de aí xorde a necesidade de reclamar un Dia internacional da muller traballadora, para visibilizar a desigualdade no eido laboral que sufren as mulleres
O 8 de marzo de 1857 en Nova York, as mulleres que traballaban na industria téxtil, organizaron unha folga. Elas pelexaban para que houbese salarios máis xustos e condicións laborais máis humanas. Con todo, ao momento de alzar a voz, os axentes da policía detéñenas, non se consigue nada, pero as mulleres empezan a organizarse.
En 1910 nunha conferencia de mulleres sociaslistas en Copenhague, acórdase celebrar un encontro anual para reforzar a loita do sufraxio universal, que esixiron para as mulleres o dereito de voto e o de ocupar cargos públicos, o dereito ao traballo, á formación profesional e a non discriminación laboral. A esta reunión anual chamaráselle o Día internacional da muller traballadora.
En marzo de 1911 foi a primeira celebración, aos poucos os países fóronse unindo á celebración, en distintas datas, pero non se instaurou de maneira oficial ata despois da Segunda Guerra Mundial.
No ano 1975, foi o momento en que as Nacións Unidas institucionalizaron o Día Internacional da Muller o 8 de marzo, ano que comezou a celebrarse tamén en España. Hoxe en día, a loita segue por erradicar a violencia de xénero e lograr que exista unha igualdade real entre mulleres e homes.
Nos últimos anos, concretamente no 2018, houbo no mundo e en España unhas mobilizacións cun éxito sen precedentes contra a desigualdade en todas as súas vertentes. As rúas tinxírose de cor violeta, sen importar a cor dos ideais políticos. O lema elixido "Se nós paramos, párase o mundo”, e outros lemas volvéronse virais. Houbo mobilizacións ao longo do país, secundadas por mulleres de distintas xeracións, e manifestos dendo o ámbito cultural, político, gubernamental e educacional.